Antonio Maura

político español
(Redirección desde «Antonio Maura Montaner»)

Antonio Maura y Montaner, nado en Palma o 2 de maio de 1853 e finado en Torrelodones (Madrid) o 13 de decembro de 1925, foi un político español, varias veces ministro e Presidente do Goberno en cinco etapas: 1900-1902, 1907-1909, 1918, 1919 e 1921-1922.

Infotaula de personaAntonio Maura

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAntonio Maura y Montaner
Biografía
Nacemento(es) Antonio Maura Montaner Editar o valor em Wikidata
2 de maio de 1853 Editar o valor em Wikidata
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1925 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Torrelodones, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro 40°24′04″N 3°43′41″O / 40.401056, -3.727994 Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
7 de maio de 1923 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Presidente do Consello de Ministros
14 de agosto de 1921 – 8 de marzo de 1922
← Manuel Allendesalazar MuñozJosé Sánchez Guerra →
Deputado das Cortes
15 de decembro de 1920 – 6 de abril de 1923
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
10 de xuño de 1919 – 2 de outubro de 1920
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Presidente do Consello de Ministros
15 de abril de 1919 – 20 de xullo de 1919
← Álvaro de Figueroa Torres-MendietaJoaquín Sánchez de Toca →
Ministro de Graza e Xustiza
10 de outubro de 1918 – 9 de novembro de 1918
← Álvaro de Figueroa Torres-MendietaJosé Roig y Bergadá (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
22 de marzo de 1918 – 9 de novembro de 1918
← Manuel García PrietoManuel García Prieto →
Deputado das Cortes
28 de febreiro de 1918 – 28 de maio de 1918
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
20 de febreiro de 1918 – 2 de maio de 1919
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
15 de abril de 1916 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
3 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
14 de maio de 1910 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Ministro da Guerra
24 de xuño de 1907 – 3 de xullo de 1907
← Francisco de Paula Loño y PérezFernando Primo de Rivera →
Deputado das Cortes
28 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Presidente do Consello de Ministros
25 de xaneiro de 1907 – 21 de outubro de 1909
← Antonio Aguilar CorreaSegismundo Moret →
Deputado das Cortes
29 de setembro de 1905 – 30 de marzo de 1907
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Presidente do Consello de Ministros
5 de decembro de 1903 – 16 de decembro de 1904
← Raimundo Fernández VillaverdeMarcelo Azcárraga Palmero →
Deputado das Cortes
5 de maio de 1903 – 17 de agosto de 1905
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Ministro de Gobernación
6 de decembro de 1902 – 20 de xullo de 1903
← Segismundo MoretAntonio García Alix →
Deputado das Cortes
27 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
7 de xuño de 1899 – 24 de abril de 1901
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
3 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
22 de abril de 1896 – 26 de febreiro de 1898
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Ministro de Graza e Xustiza
4 de novembro de 1894 – 23 de marzo de 1895
← Trinitario Ruiz Capdepón (pt) TraducirFrancisco Romero Robledo →
Deputado das Cortes
11 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Ministro de Ultramar
11 de decembro de 1892 – 12 de marzo de 1894
← Francisco Romero RobledoManuel Becerra Bermúdez →
Deputado das Cortes
9 de febreiro de 1891 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
16 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
23 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Deputado das Cortes
1 de setembro de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Palma (pt) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador
Partido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJosep Lluís Pons i Gallarza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeConstancia Gamazo
FillosGabriel Maura Gamazo, Susana Maura Gamazo, José María Maura Gamazo (en) Traducir, Constancia Maura Gamazo (pt) Traducir, Miguel Maura, Honorio Maura Gamazo, Antonio Maura Gamazo Editar o valor em Wikidata
PaisBartolomé Maura y Gelabert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Margarita Montaner Llampayes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGabriel Maura i Montaner (en) Traducir, Bartolomé Maura y Montaner, Miquel Maura i Montaner (en) Traducir e Francisco Maura y Montaner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCarlos Semprún (neto)
José María Semprún Gurrea (xenro)
Jaime Semprun (bisneto)
Germán Gamazo y Calvo (en) Traducir (sogro)
Joaquín Romero Maura (pt) Traducir (bisneto)
Álvaro López de Carrizosa (consogro (pt) Traducir)
Julia Maura y de Herrera (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Vida editar

Naceu nunha familia da pequena burguesía mallorquina. Orfo de pai con 13 anos, cursou o bacharelato no Instituto de Palma, e en 1868 trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.

Rematada a carreira, exerceu como avogado no bufete de Germán Gamazo, que chegou a ser ministro de Fomento no goberno de Sagasta de 1883. Iniciouse na vida política nas filas do Partido Liberal conseguindo a súa primeira acta de deputado por Mallorca en 1881 durante o primeiro gabinete liberal da Restauración, presidido por Sagasta. Casou en 1878 con Constancia Gamazo, irmá de Germán Gamazo, da man de quen iría na súa traxectoria política inicial.

En 1886 ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. Por ese tempo, en consonancia cos liberais escindidos de Gamazo atacará a política librecambista de López Puigcerver, ministro de Facenda do Gabinete Sagasta que acaba por caer en 1890.

En decembro de 1893 é designado con Sagasta ministro de Ultramar. No seu afán por neutralizar pacificamente o movemento independentista, tentou desenvolver un proxecto de autonomía para Cuba e Porto Rico no que a administración se repartía entre o goberno central e os insulares respectivos, mais a oposición dos conservadores e dun amplo sector dos propios liberais fixo que naufragase o proxecto e dimitise. Apartado voluntariamente do escenario político por un certo tempo, en 1895, de novo con Sagasta, ocuparase do Ministerio de Graza e Xustiza ata que a insurrección cubana provoca a caída dos liberais.

Tras a perda das colonias, a política gravita en torno ó funcionamento político da monarquía e a necesidade de rexenerar a vida pública española. A erradicación do caciquismo e dos abusos da oligarquía figuraron como obxectivos prioritarios do seu proxecto de dignificación da política. As súas teses rexeneracionistas aproximábanse en boa medida ó programa disidente do novo conservadorismo de Francisco Silvela. Aceptando os límites presentes nas bases legais do réxime establecido, os seus postulados resultan compatibles coa alternativa de saneamento político proposta polos conservadores.

Cando, tras morrer Guzmán Gamazo en 1901, o grupo liberal disidente se escinde, Maura asumirá a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó Partido Conservador. É deste xeito como Maura se converte na figura chave da política española das primeiras décadas do século XX.

Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu Francisco Silvela en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a Lei de Bases de Reforma da Administración Local. No seu intento por acabar coas fraudes acostumadas organiza as eleccións municipais de 1903 provocando unha forte oposición contra a súa persoa entre os partidarios de manter o caciquismo local como modo de estabilidade política. Coa excepción das principais cidades, nas que triunfaron candidaturas republicanas, non conseguiría impedir a manipulación dos resultados electorais desas eleccións.

A dimisión de Silvela como xefe de Goberno non fixo máis que resaltar a figura política do seu principal socio e Maura será aclamado dende entón como líder do Partido Conservador. O 5 de decembro de 1903 formaría o seu primeiro goberno ó suceder ó tamén conservador Fernández Villaverde na presidencia. No plano internacional conseguiu que Francia e Inglaterra recoñecesen os dereitos españois en Marrocos. Na política interior concentrou o seu programa de reformas en torno á corrupción electoral e á resolución do problema catalán mediante un proxecto de administración descentralizador de tendencia rexionalista, pero as intromisións do rei en materia militar motivaron a súa dimisión.

Durante a etapa liberal, Maura exerceu a xefatura da oposición. Encargado da formación dun novo goberno o 25 de xaneiro de 1907 presidiu o goberno máis longo do réxime constitucional do reinado de Afonso XIII ata o 21 de outubro de 1909. Durante o seu goberno levouse a cabo un amplo programa de reformas lexislativas e executáronse medidas no ámbito social coma o establecemento de institucións de asistencia para os máis desfavorecidos. Non obstante, a súa falta de tacto no mantemento da orde pública coa represión sanguenta dos sucesos revolucionarios da Semana Tráxica de Barcelona (25 de xullo - 2 de agosto de 1909) acabaron bruscamente co seu prestixio e coa súa vida política. O rexeitamento de Maura, coreado pola oposición e pola opinión pública internacional despois do fusilamento de Francesc Ferrer i Guàrdia, levaron a Afonso XIII a forzar a súa renuncia e substituílo polo liberal Segismundo Moret.

Hostil ó goberno de Moret, ratificou a súa identificación con La Cierva, ministro de Gobernación durante a brutal represión de xullo de 1909. Continuou mantendo un certo peso na vida pública. Durante a primeira guerra mundial, Maura fixo campaña activa a favor da neutralidade española, cos seus sonados discursos do Teatro Real en 1915, e da Praza de Touros en 1917. Cando foi chamado de novo para asumir a xefatura do Goberno, impuxo condicións para o seu regreso. Presidiría o Goberno de maio a novembro de 1918 e, de novo, en 1922, volvería a estar á fronte dun gabinete de concentración formado tras o desastre de Annual.

Ante os incidentes polo tema de Marrocos, Maura nomeou ó xeneral Picasso como xuíz específico para este asunto, provocando a protesta das Xuntas Militares. Durante a ditadura de Primo de Rivera manteríase á marxe dedicado a redactar as súas memorias.

Retirado da política, morreu en 1925.


Predecesor:
Raimundo Fernández Villaverde
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1903 - 1904
Sucesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Predecesor:
Antonio Aguilar Correa
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1907 - 1909
Sucesor:
Segismundo Moret Prendergast
Predecesor:
Manuel García Prieto
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1918
Sucesor:
Manuel García Prieto
Predecesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1919
Sucesor:
Joaquín Sánchez de Toca Calvo
Predecesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1921 - 1922
Sucesor:
José Sánchez Guerra

Distincións editar

Ademais de orador extraordinario, foi director da Real Academia Española, e presidente da de Xurisprudencia e Legislación, de Ciencias Morais e Políticas e de Belas Artes de San Fernando. Presidiu a Comisión General de Codificación, materializándose a súa visión de estadista con grandes proxectos lexislativos, a Reforma da Administración e o Goberno en Ultramar, o proxecto de Lei de Reforma da Administración Local etc.

Como recoñecemento ó seu labor foi investido Caballero de la Real y Muy distinguida Orden del Toisón de Oro, en 1920.

Ideoloxía editar

Antonio Maura é unha figura crucial na España do primeiro terzo do século XX. Foi un político apaixonado e polémico. A súa controvertida carreira política enmárcarse dentro da política da restauración dinástica de finais do século XIX e do rexeneracionismo de principios de século XX.

Na primeira etapa da súa traxectoria segue os postulados do liberalismo, dentro da corrente disidente encabezada polo seu cuñado Guzmán Gamazo. Convencido da necesidade de levar a cabo unha reforma do sistema político da Restauración, as súas primeiras intervenciones públicas tiveron como branco a crítica da política conservadora e a disidencia liberal.

O desastre de 1898 significou un punto de inflexión na súa carreira política e a adopción dunha das bases do seu ideario: a necesidade de fortalecer a presenza do pobo na vida política do país. Censurando as prácticas da Restauración, coidaba que era necesario reformar o estado e a lexislación para evitar que se desencadease un proceso revolucionario: a "revolución dende arriba" será o seu lema, procurando unha moralización radical que terminase coa corrupción do sistema.

O seu ideario político unha vez engrosou as listas dos Conservadores incluía un proxecto de loita contra o caciquismo mediante o saneamento das prácticas políticas, a participación dos cidadáns no quefacer público mediante eleccións non amañadas, e a reforma da Administración provincial. O goberno conservador de Maura, inspirado no principio da "revolución dende o goberno" conseguiu regular e sacar adiante unha serie de proxectos: o dereito de folga, normas de conciliación e arbitraxe laboral, a lei de administración pública e o Instituto Nacional de Previsión.

Liberal e católico, Antonio Maura é reivindicado como un dos máis valiosos políticos da dereita española do século XX.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • González Hernández, María Jesús (1997) El universo conservador de Antonio Maura. Biografía y proyecto de Estado. Madrid : Biblioteca nueva.
  • González Hernández, María Jesús (1997): "Las manchas del leopardo. La difícil reforma desde el sistema y las estrategias de la socialización conservadora". En Suárez Cortina,, Manuel (et al.). La Restauración, entre el liberalismo y la democracia (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. pp. 109–155. ISBN 84-206-2890-5.
  • Pérez Delgado, Rafael (1974) Antonio Maura. Madrid : Tebas.
  • Robles, Cristobal (1995) Antonio Maura, un político liberal.Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Ruiz-Castillo, J. (1917) Antonio Maura : treinta y cinco años de vida pública: ideas políticas de gobierno y campañas parlamentarias. Madrid : Biblioteca Nueva.
  • Tusell, Javier (1994) Antonio Maura, una biografía política. Madrid: Fundación Antonio Maura & Alianza Editorial.

Ligazóns externas editar