Eleccións xerais de España de 1886
As Eleccións Xerais de 4 de abril de 1886 en España foron convocadas tralo falecemento de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.
Eleccións xerais de España de 1886 | |
---|---|
← 1884 1891 → | |
Data | 4 de abril de 1886 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | Deputado das Cortes |
Resultado da votación | |
Antecedentes
editarO Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885, foi un acordo subscrito por Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta, que instituíu o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O 25 de novembro de 1885 falece o monarca español Afonso XII, en virtude de devandito pacto Cánovas del Castillo presentou a súa dimisión deixando paso a Sagasta o 27 de novembro.
O 15 de decembro un sector do canovismo encabezado por Francisco Romero Robledo rompeu co Partido Liberal-Conservador en protesta pola entrega do poder aos liberais. O 26 de decembro Cánovas del Castillo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados por 222 votos contra 112.
María Cristina de Habsburgo-Lorena achábase embarazada dun fillo que nacería póstumo, tivo que asumir a regencia. O 31 de decembro a raíña xurou como rexente ante as Cortes. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por Sagasta, con quen acabaría trabando unha estreita amizade. O papel de María Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar aos candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a Sagasta e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal.
Características
editarO 15 de xaneiro de 1886 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.
O número de votantes para estas eleccións era de 807.175 (o 4,5% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 395 deputados o día 4 de abril de 1886.
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións
editarPartido | Escanos | Líder | ||||
Partido Liberal | 268 | Práxedes Mateo Sagasta | ||||
Partido Liberal-Conservador | 83 | Antonio Cánovas del Castillo | ||||
Partido Republicano Progresista | 12 | Manuel Ruiz Zorrilla Nicolás Salmerón | ||||
Partido Demócrata Posibilista | 10 | Emilio Castelar | ||||
Partido Liberal Reformista | 10 | Francisco Romero Robledo | ||||
Izquierda Dinástica | 10 | José López Domínguez | ||||
Partido Republicano Democrático Federal | 1 | Francesc Pi i Margall | ||||
Independentes | 1 | Barón de Sangarrén |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Resultados das eleccións
- Deputados electos
- El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923) por José Varela Ortega, Carlos Dardé, Josep Armengol.