Manuel Ruiz Zorrilla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Manuel Ruiz Zorrilla, nado en El Burgo de Osma (provincia de Soria) o 22 de maio de 1833 e finado en Burgos o 13 de xuño de 1895, foi un político español.
Traxectoria
editarEstudou filosofía en Valladolid. Despois, en Madrid estudou Xurisprudencia na Universidade Central de Madrid (nome orixinal da actual Universidade Complutense). En dous anos rematou os estudos de xurisprudencia e matriculouse en Leis acadando a licenciatura en 1857. En 1856 fora nomeado comandante da Milicia Nacional de Soria, accedendo deseguida á Deputación Provincial. Grazas a este pequeno empurrón político trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Deputado Nacional polo Partido Progresista en 1858.
Nesa época comezou a súa amizade con Práxedes Mateo Sagasta. Destacou na Sublevación do cuartel de San Gil (1866), polo que foi condenado a morte e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a Isabel II. Triunfante a Revolución de 1868, como un dos líderes do Partido Progresista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.
Encargouse da carteira de Fomento no goberno provisional de Francisco Serrano, estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao Estado e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de Prim como Ministro de Xustiza (1869), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova Constitución, á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a Amadeu de Savoia como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o 24 de xullo e o 4 de outubro de 1871 e do 13 de xuño de 1872 e o 10 de febreiro de 1873, entre outras medidas aboliu a escravitude en Porto Rico e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeu renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en Baiona (Francia) e logo en París.
O 25 de agosto de 1876 publicou un manifesto pedindo a restauración da República baixo a Constitución de 1869 reformada en sentido republicano, e desde a capital francesa dedicouse a conspirar contra o goberno español, en maio de 1877 produciuse a primeira tentativa armada de derrocar a monarquía española que fracasou, Zorrilla pasou unha temporada en Xenebra e en 1878 volve de novo a París ata que é expulsado polas autoridades francesas, estableceuse en Londres tras outro intento frustrado xunto a Serrado para restaurar a república. En 1880 tras un intento frustrado por unir ás correntes republicanas e xa de novo en París organiza a Asociación Republicana Militar, organización secreta formada por militares españois co fin de organizar un pronunciamento militar, o último o de 1886 encabezado en España por Villacampa foi de novo un fracaso, e Zorrilla que se dirixira os Pireneos tivo que volver a París, despois instalouse en Bruxelas e Londres e despois de novo en París.
En 1893 únese ao resto dos republicanos nunha coalición para concorrer ás eleccións en España, os republicanos conseguen 32 deputados, Ruiz Zorrilla elixido negouse a ocupar o seu escano. Enfermo retirouse da política o 16 de febreiro de 1895, o seu partido reunido para elixir sucesor, dividiuse entre o Partido Republicano Liberal e o Progresista e el despois de trámites co goberno español retirouse a España, morrendo antes de chegar á súa casa de Tablada (Burgos).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Amadeu I de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Serrano Domínguez |
Manuel Ruiz Zorrilla | Precede a: José Malcampo y Monge |
Presidente do Consello de Ministros de España |
Amadeu I de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Serrano Domínguez |
Manuel Ruiz Zorrilla | Precede a: Estanislao Figueras |
Presidente do Consello de Ministros de España |