Manuel Becerra Bermúdez

matemático e político galego

Manuel Becerra Bermúdez, nado en Castro de Rei o 20 de outubro de 1820[1] e finado en Madrid o 19 de decembro de 1896, foi un matemático e político galego. Foi ministro con Amadeu I, Afonso XII e durante a Rexencia de María Cristina. Así mesmo, foi un destacado masón.

Modelo:BiografíaManuel Becerra Bermúdez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1820 Editar o valor en Wikidata
Castro de Rei, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1896 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de Santa María cemetery (en) Traducir 40°23′53″N 3°43′18″O / 40.397922, -3.721625 Editar o valor en Wikidata
Ministro de Ultramar
12 de marzo de 1894 – 4 de novembro de 1894
← Antonio MauraBuenaventura Abarzuza Ferrer →
Ministro de Ultramar
11 de decembro de 1888 – 5 de xullo de 1890
← Trinitario Ruiz CapdepónAntonio María Fabié Escudero →
Ministro de Fomento de España
19 de decembro de 1872 – 24 de febreiro de 1873
← José Echegaray EizaguirreEduardo Chao →
Ministro de Ultramar
1870 –
Ministro de Ultramar
6 de agosto de 1869 – 2 de abril de 1870
← Juan Bautista Topete y CarballoSegismundo Moret →
Deputado no Congreso dos Deputados
1869 – 1871
Circunscrición electoral: Lugo
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPlaza del Cordón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1223719

Traxectoria

editar

Afamado matemático, titulouse como enxeñeiro civil na Academia de Enxeñeiros Civís, e foi membro de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Politicamente destacou polas súas ideas progresistas e revolucionarias que o levaron a participar activamente na Revolución galega de 1846 o que lle valeu ser encarcerado en varias ocasións e ter que buscar refuxio no estranxeiro noutras.

En 1854 volveu participar nos movementos revolucionarios que deron lugar ao Bienio Progresista (1854-1856) e foi detido tras o golpe de estado do xeneral O'Donnell que lle puxo fin, desterrado a Bilbao e posteriormente exiliouse en Francia.

Manuel Becerra volveu á vida política do país con ocasión da Revolución de 1868 formando parte, como deputado, da Xunta Superior Revolucionaria entre o 5 de outubro e o 19 de outubro de 1868. Tras as eleccións de 1869 resultou elixido deputado en Cortes pola provincia de Lugo aínda que finalmente optou pola circunscrición de Madrid e como tal ocupou a carteira de ministro de Ultramar entre o 13 de xullo de 1869 e o 31 de marzo de 1870 durante a rexencia do xeneral Francisco Serrano Domínguez.

Tras volver resultar elixido deputado nas eleccións de 1871 e 1872 ocupará a carteira de ministro de Fomento entre o 19 de decembro de 1872 e o 12 de febreiro de 1873, xa baixo o reinado de Amadeu I.

Ocupará ese mesmo ministerio no primeiro goberno da Primeira República Española entre o 12 de febreiro e o 24 de febreiro de 1873 baixo a presidencia de Estanislao Figueras.

Coa restauración monárquica formou parte de tres dos gobernos presididos por Práxedes Mateo Sagasta como ministro de Ultramar: entre o 11 de decembro de 1888 e o 21 de xaneiro de 1890, entre o 21 de xaneiro e o 5 de xuño de 1890 e entre o 12 de marzo e o 4 de novembro de 1894.

Vida masónica

editar

Foi un destacado masón: Soberano Gran Comendador do Supremo Consello nos anos 1884-1889 e Gran Mestre do Gran Oriente de España.

  1. Couceiro Freijomil dá como ano de nacemento 1823 no Diccionario bio-bibliográfico de escritores, tomo I páx. 137.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Juan Bautista Topete
 Ministro de Ultramar 
1869 - 1870
Sucesor:
Segismundo Moret
Predecesor:
José Echegaray
 Ministro de Fomento 
1872 - 1873
Sucesor:
Eduardo Chao
Predecesor:
Trinitario Ruiz Capdepón
 Ministro de Ultramar 
1888 - 1890
Sucesor:
Antonio María Fabié
Predecesor:
Antonio Maura Montaner
 Ministro de Ultramar 
1894 - 1894
Sucesor:
Buenaventura Abarzuza Ferrer