Eleccións xerais de España de 1891

As Eleccións Xerais de 1 de febreiro de 1891 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1891
 ← 1886 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1893 Editar o valor en Wikidata  → 
Data1 de febreiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes
senador do Reino Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
A raíña rexente María Cristina co seu fillo o rei Afonso XIII.

Antecedentes

editar

En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 12 de xullo de 1887 o goberno Sagasta promulgou a Lei de Asociacións, que desenvolvía este dereito constitucional, un dos obxectivos do programa liberal-fusionista.

O 23 de maio de 1889 deron comezo, no medio dun grande escándalo parlamentario, as discusións sobre o proxecto de sufraxio universal. Por fin o 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 3 de xullo cae o goberno liberal-fusionista. O 5 de xullo fórmase o gabinete conservador presidido por Cánovas del Castillo. O 29 de decembro quedan disoltas as Cortes convocándose eleccións.

Características

editar

O 29 de decembro de 1890 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

O número de votantes para estas eleccións era de 4 805 000 varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 399 deputados o día 1 de febreiro de 1891.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións

editar

Eleccións Xerais en España, 1 de febreiro de 1891

Partido Escanos Líder
Partido Liberal-Conservador 251 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Liberal 96 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Republicano Progresista 11 Manuel Ruiz Zorrilla
Partido Liberal Reformista 11 Francisco Romero Robledo
Progresistas democráticos 7 Cristino Martos Balbi
Partido Demócrata Posibilista 7 Emilio Castelar
Comuñón Tradicionalista 5 Marqués de Cerralbo
Partido Republicano Democrático Federal 4 Francesc Pi i Margall
Partido Republicano Centralista 3 Nicolás Salmerón
Partido Integrista 2 Ramón Nocedal y Romea
Republicano independente 1
Tradicionalista independente 1 Joan Dessy i Pons

Resultados en Galicia

editar

A Coruña

editar
 
Antonio del Moral
 
Guillermo de Osma y Scull

Ourense

editar
 
Estatua de Gabino Bugallal en Ponteareas.

Pontevedra

editar
 
Alfonso Osorio de Moscoso

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar