Eleccións xerais de España de 1893

(Redirección desde «Eleccións Xerais 1893 en España»)

As eleccións xerais de 5 de marzo de 1893 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1893Eleccións xerais de España de 1893
Data5 de marzo de 1893 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
 ← 1891 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1896 Editar o valor em Wikidata  → 
Práxedes Mateo Sagasta

Antecedentes editar

En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 21 de novembro de 1891 prodúcese unha escisión nas filas conservadoras: dimite o gabinete de Francisco Silvela e trala defección de Romero Robledo, o 24 de novembro asume a presidencia do executivo Cánovas del Castillo.

O 7 de decembro Francisco Silvela volve a intrigar conseguindo o cesamento de Cánovas del Castillo, o que supón a formación o 13 de decembro dun novo goberno presidido pos Sagasta.

Características editar

O 5 de xaneiro de 1893 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 400 deputados o día 5 de marzo de 1893.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións editar

Eleccións Xerais en España, 5 de marzo de 1893

Partido Escanos Líder
Partido Liberal 257 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 70 Antonio Cánovas del Castillo
Unión Republicana 32
Unión Conservadora 17 Francisco Silvela
Partido Demócrata Posibilista 15 Emilio Castelar
Comunión Tradicionalista 7 Marqués de Cerralbo
Partido Integrista 2 Ramón Nocedal y Romea
Outros 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar