Ángel Elduayen
Ángel Elduayen Mathet ou Ángel Elduayen Mathé, nado en Madrid o 6 de marzo de 1855 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1927, foi un político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ángel Elduayen Mathé 6 de marzo de 1855 Madrid, España |
Morte | 19 de xullo de 1927 (72 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFillo adoptivo de José Elduayen Gorriti, Ángel Elduayen era capitán de navío. Membro do Partido Conservador, foi deputado a Cortes en 1891 polo distrito de Villacarrillo (Xaén), renunciando por optar polo distrito de Vigo. En 1893 volveu resultar elixido deputado, esta vez polo distrito de Lalín, posto que repetiu en sucesivas eleccións ata 1903. Dende 1903 foi senador pola provincia de Pontevedra ata 1920.
Ostentou o título de marqués de Elduayen, consorte, pola súa muller María Ximénez Sandoval Saavedra († Múnic 7-7-1912),[1] a quen lle fora concedido por Afonso XII en 1876.[2] Sucedeuna no título o seu fillo José Elduayen Ximénez de Sandoval.[3]
Volveu casar, con Fermina de Bonilla e, amais de José, tivo outras dúas fillas, María Dolores e María de los Ángeles. No momento da súa morte Ángel Elduayen tiña o grao de Contraalmirante da Armada.[4]
Notas
editar- ↑ «VIII Aniversario. La Excma. Señora Doña María Josefa Ximénez de Sandoval y Saavedra. Marquesa de Elduayen. Falleció en Munich el día 7 de junio de 1912» La Época, p. 6. Sábado 5/6/1920, n.º 24.995 Biblioteca Nacional de España.
- ↑ «Elduayen, Marquesado de: Título concedido por Alfonso XII a María Josefa Jiménez de Sandoval Saavedra en 1876...» en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 23, p. 93.
- ↑ «D. Ángel Elduayen y Mathet solicita que seconceda á su hijo D. José Elduayen y Ximénez de Sandoval Real carta de sucesión en el título de marqués de Elduayen.» El Siglo Futuro, p. 4. Jueves 9/1/1913, n.º 2.458. Biblioteca Nacional de España.
- ↑ Necrolóxica ABC, mércores 20 de xullo de 1927, p. 30.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- «Elduayen Mathé, Ángel» en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 23, p. 94. Ir Indo para La Voz de Galicia. ISBN 84-7680-429-6.
Ligazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado