José Elduayen
José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé,[1] nado en Chinchón,[2] Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1823 Madrid, España |
Morte | 24 de xuño de 1898 (75 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Senador do Reino | |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Circunscrición electoral: Q42899708 | |
Ministro de Relacións Exteriores | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático, político, enxeñeiro de camiños |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarFoi fillo de José Elduayen y Garayoa e de Ángela Gorriti. Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreu que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra.[3]
Foi pai adoptivo de Ángel Elduayen Mathet (1855-1927).
Casou o 25 de maio de 1856, en primeiras nupcias, con Carmen Martínez y Montenegro (1838-1895), filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, coa que tivo dúas fillas:
- a maior, María de los Milagros Elduayen Martínez (1858-1888), foi oitava marquesa de Valladares polo seu propio dereito e marquesa de Alcedo e de San Carlos polo seu matrimonio en 1883 con Fernando Quiñones de León, titular destes dous marquesados;
- a segunda, María de los Dolores Elduayen Martínez, nada en Vigo o 14 de febreiro de 1860, foi segunda marquesa do Pazo da Mercé (1901), oitava marquesa de Mos (1919) e décima de Valladares (1919), faleceu o día 1 de febreiro de 1929 sen lograr descendencia do seu marido, Miguel López de Carrizosa y de Giles (1857-1919), marqués de Casa Pavón y de Mochales.[1]
Enviuvou, Elduayen, e, en segundas nupcias, casou con Purificación Fontán y Pérez-Palma (c. 1844-1921),[4] bisneta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced.
Marqués do Pazo da Mercé[1] desde 1875,[5] militou no Partido Conservador co que concorreu ás eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volverá a obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Cañiza.
En 1877 mercou o Castelo de Monterreal de Baiona,[7] onde levantou un palacete. O castelo sería vendido en 1924 por Ángel Elduayen Mathet ao asturiano Ángel Bedriñana Meana e vendido en 1966 ao estado español, e derrubado o palacete de Elduayen, para construír o Parador de turismo actual.[8][9]
En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.[10]
Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 nun goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre o 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos de Antonio Cánovas del Castillo destacando nesta segunda etapa a promulgación da Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre o 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.
Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.
Ó día seguinte do seu pasamento en 1898, e embalsamados os seus restos, foron trasladados en ferrocarril, canda os dos seus pais, da Estación del Norte de Madrid a Vigo, onde foron velados na antiga Casa do Concello da Praza da Constitución, e dende alí foron levados e depositados en senllos sepulcros nos laterais do interior da capela do Cemiterio de Pereiró, financiada polo propio Elduayen.[11]
Predecesor: Juan Francisco Camacho |
Ministro de Facenda 1872 |
Sucesor: |
Predecesores: Cristóbal Martín de Herrera Salvador Albacete |
Ministro de Ultramar 1879 - 1879 1879 - 1880 |
Sucesores: |
Predecesores: Francisco de Borja Queipo de Llano Servando Ruiz Gómez Carlos Manuel O'Donnell |
Ministro de Estado 1880 - 1881 1884 - 1885 1896 |
Sucesores:
|
Predecesor: Francisco Silvela y de la Vielleuze |
Ministro de Gobernación 1891 - 1892 |
Sucesor: |
Predecesor: Pedro Salaverría |
Gobernador do Banco de España 1877-1878 |
Sucesor: Martín Belda y Mencía del Barrio |
Recoñecementos
editarEn vida, os concellos de Baiona, Tui e Vigo (1887) adicáronlle o nome de senllas rúas.[12] O 23 de agosto de 1896 inaugurouse un monumento en Vigo, feito por subscrición popular, obra do escultor Agustí Querol i Subirats[13] e o arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que logo sería desprazado en dúas ocasións e está situado, actualmente, nos xardíns de Montero Ríos.[6]
Galería de imaxes
editar-
Elduayen, obra de M. Acosta.
-
Estudio Biográfico-Político del Excmo. Sr. Don José Elduayen... por Nicolás Taboada Fernández.
-
Galicia y D. José Elduayen, 1896 (pdf).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Bugallal y Vela, Jaime. «Pazo da Mercé, Marquesado do» en Gran enciclopedia galega Silverio Cañada (en DVD).
- ↑ Ministros de Hacienda. De 1700 a 2004, tres siglos de historia Arquivado 05 de maio de 2014 en Wayback Machine. pp. 138-139, ISBN 84-476-0576-0
- ↑ Castro Pérez, Felipe (2002). «En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879)» in Documentos de Traballo. Historia; 13.
- ↑ «Noticias de sociedad», p. 2, e necrolóxica, p. 4 en La Época do 22-4-1921.
- ↑ Guia Oficial de España. 1875 35,27 MB
- ↑ 6,0 6,1 «Elduayen, titular de la estatua itinerante» Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 1/4/2006 (en castelán).
- ↑ Historia de Baiona. Concello de Baiona
- ↑ López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, José Ramón (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 55,63 MB ISBN 978-84-9749-579-0.
- ↑ Rey Lama, Luis Alberto (2013) La casa de Baiona pp. 357-376.
- ↑ «Presidentes del Senado. Entre 1834 y 1923»
- ↑ Lamas, Jorge: «Falece o vigués que presidiu catro ministerios distintos» La Voz de Galicia, 9/6/2015.
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 123 e 126. ISBN 84-87379-47-8.
- ↑ "Monumento a Elduayen na páxina web do Concello de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 25 de agosto de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Elduayen |
Bibliografía
editar- Faro de Vigo (1896). Sucesores de Rivadeneyra, ed. Galicia y D. José Elduayen. Vigo. Consultado o 1/1/2013. en Galiciana
- «Elduayen Gorriti, José» en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 24. Ir Indo.
- «Elduayen, José de» en Encyclopædia Britannica Eleventh Edition (1910–1911) (no dominio público) volume 9, páxina 168
- Álvarez Blázquez, Xosé María (1960) La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo.
- Prada Rodríguez, Julio «Galicia» en Varela Ortega, José (dir.) (2001). El poder de la influencia. Geografía del caciquismo en España (1875-1923), ISBN 84-259-1152-4.
- Taboada Fernández, Nicolás (1896). Estudio Biográfico-Político del Excmo. Sr. Don José Elduayen Marqués del Pazo de la Merced.[1]
Outros artigos
editar- Lista de gobernadores do Banco de España
- Lista de presidentes do Senado de España
- Antonio Cánovas del Castillo
- Caciquismo