Francisco Javier Martínez Enríquez

político galego

Francisco Javier Martínez de Arce Enríquez Sarmiento de Valladares, VI Marqués de Valadares e VI Vizconde de Meira, nado en Ourense o 12 de agosto de 1808[1] e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1887[2], foi un político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Javier Martínez Enríquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1808 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1887 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1843 – 1844
Presidente da Deputación de Pontevedra
1836 –
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarquesado de Valadares Editar o valor en Wikidata
FillosJoaquín Martínez Montenegro Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi fillo de Francisco Javier Martínez de Arce Noguerol e de María de los Dolores Enríquez Sarmiento de Valladares Correa, que casaron en Ourense en 1785. Foi oficial de Infantaría. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821), pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo e pola provincia de Lugo (1837). Foi gobernador e presidente da Deputación de Pontevedra (1836). Foi alcalde de Vigo (1843-1844) e foi nomeado senador vitalicio (1846-1847).

Mercou a Illa de Toralla.[3]

Vida persoal

editar

Casou con Joaquina Montenegro Ponte, e foi pai de Joaquín Martínez Montenegro e de dúas fillas, María del Carmen, que casou con José Elduayen e Dolores, con Evaristo Pérez de Castro Brito.

Herdou os seus dous títulos nobiliarios do seu avó materno Martín Benito Enríquez Sarmiento de Valadares. En 1871 cedeulle o vizcondado de Meira ao seu fillo Joaquín.[4] No marquesado de Valadares sucedeuno a súa neta Milagros Elduayen Martínez.[5]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar