Evaristo Pérez de Castro Brito

político galego


Evaristo Pérez de Castro Brito, nado en Hamburgo e finado en Vigo o 11 de setembro de 1896[1], foi un político galego.

Modelo:BiografíaEvaristo Pérez de Castro Brito
Biografía
Nacementodécada de 1810 Editar o valor en Wikidata
Hamburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1896 Editar o valor en Wikidata (76/86 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
21 de marzo de 1877 – 1881
← Manuel María HuagónFrancisco Javier Mugartegui Parga → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEvaristo Pérez de Castro Colomera Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro Pérez de Castro Brito
Mariano Pérez de Castro Brito Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Fillo de Evaristo Pérez de Castro Colomera e de Francisca de Brito Pinto de Morais,[2] naceu en Hamburgo mentres o seu pai era ministro de España nas cidades hanseáticas, entre 1817 e 1820. Cuñado de José Elduayen e vinculado ao Partido Conservador, foi deputado provincial. O 21 de marzo de 1877 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Foi presidente da Comisión de límites con Portugal e Ministro secretario das Ordes.

Vida persoal

editar

Casou con Dolores Martínez Montenegro, filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valadares.


Predecesor:
Manuel María Huagón
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1877 - 1881
Sucesor:
Francisco Javier Mugartegui Parga
  1. Necrolóxica en La Correspondencia de España, 20-9-1896, p. 4.
  2. "Evaristo Perez de Castro y Brito". Geni.