Pedro Salaverría

político español

Pedro Salaverría y Charitu, nado en Santander, o 17 de outubro de 1821 e finado en San Sebastián, o 5 de agosto de 1896[1], foi un facendista e político español, ministro de Facenda e de Fomento durante o reinado de Isabel II e, novamente, ministro de Facenda durante o reinado de Alfonso XII.

Pedro Salaverría
Pedro Salaverría y Charitu, Federico de Madrazo (Banco de España).jpg
Nacemento17 de outubro de 1821
Lugar de nacementoSantander
Falecemento5 de agosto de 1896
Lugar de falecementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosAmalia Salaverria Saiz
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Pedro Salavería, por Federico Madrazo (colección Banco de España)

TraxectoriaEditar

De familia de orixe vasca (seu pai era orixinario de Irún e a súa nai de Hondarribia)[1], con 13 anos, o 20 de novembro de 1834[2], entrou a traballar como escribente no Goberno Civil de Burgos e na Contaduría da mesma provincia até 1838, logo pasou á Oficina de Rendas e de alí a Sevilla en 1844. Os seus traballos sobre a tesouraría pública impresionaron aos seus compañeiros que o chamaron, en 1854, para formar parte do Ministerio de Facenda en calidade de Secretario de Estado.

DeputadoEditar

Obtivo acta de deputado no Congreso nos sucesivos procesos electoras celebrados entre 1858 e 1865 polas circunscricións de Valladolid (1858) e Santander (1863 - 1865). Coa Revolución de 1868 retiraríase da vida política activa á que retornaría durante a I República ao ser elixido novamente deputado, nesta ocasión pola provincia de Burgos, nas eleccións de 1872 repetindo o devandito escano nos procesos electorais de 1873 e 1876 aínda que en 1877 renunciaría á súa acta de deputado para ocupar o cargo de gobernador do Banco de España.

MinistroEditar

Foi ministro de Facenda en catro ocasións. A primeira foi entre o 20 de setembro e o 12 de outubro de 1856[3]; a segunda entre o 30 de xuño de 1858 e o 2 de marzo de 1863[4] en gabinetes presididos por O'Donnell[5] .Posteriormente, entre o 1 de marzo e o 16 de setembro de 1864[6] volverá dirixir o ministerio nun goberno Mon e, finalmente, na Restauración, será novamente ministro de Facenda entre o 31 de decembro de 1874 e o 25 de xullo de 1876[7] en tres gobernos sucesivos que presidirían Cánovas e Jovellar. Neste período tivo que conseguir equilibrar unha difícil situación na que a existencia de dúas guerras (contra os carlistas e en Cuba) e os pagos da Débeda suspendidos. Finalmente conseguiu sacar o orzamento adiante e un importante acordo respecto da Débeda[8].

Tamén foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro de 1857 e o 14 de xaneiro de 1858[9] nun goberno Armeiro.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Salaverría Churitu, Pedro". Auñamendi. Eusko entziklopedia. Consultado o 13-08-2017. 
  2. Fabié, Antonio M.ª (1898), vol. I, p. 23
  3. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 56
  4. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 58.
  5. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". 
  6. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 60
  7. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 76.
  8. Serrano Sanz,, José Mª (2006). "Pedro Salaverría. Cara y cruz de la Hacienda". En Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael. La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Zaragoza: Prensas Univeritarias de Zaragoza. pp. 229–249. ISBN 84-7733-779-9. 
  9. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 57.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08373-1.
  • Fabié, Antonio M.ª (1898). Biografía del Excmo. señor D. Pedro Salaverría, 2 vols., Madrid. Imp. de Fortanet .

Ligazóns externasEditar