Alejandro Mon y Menéndez
Alejandro Mon y Menéndez, nado en Oviedo o 26 de febreiro de 1801[1] e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1882, foi un político e xurista español, ministro de Facenda en varios períodos, presidente do Congreso dos Deputados en 1862 e presidente do Consello de Ministros de España en 1864.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1801 ![]() Oviedo, España ![]() |
Morte | 1 de novembro de 1882 ![]() Oviedo, España ![]() |
![]() | |
1866 – 1868 | |
![]() | |
1858 – 1862 | |
![]() | |
Ministro | |
Embaixador | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | diplomático, político, xurista ![]() |
Partido político | Partido Moderado ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Mon (Alejandro), p.282-283) ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarCursou os estudos de Dereito na Universidade de Oviedo. Inquedo pola actividade política, foi Vicepresidente das Cortes Xerais e durante a Rexencia de María Cristina foi nomeado Ministro de Facenda dende 1837 até 1838 e de novo con Narváez entre 1844 e 1846 durante o cal soporta a grave crise económica da Facenda Pública como consecuencia da Primeira Guerra Carlista. Por un breve lapso de tempo deixa o Ministerio, até que volve a ser nomeado por Francisco Javier de Istúriz até o 1847 derante a Década Moderada do reinado de Isabel II. En 1849 e 1857 volve a ser Ministro de Facenda por curtos períodos de tempo.
Despois de ser embaixador de España en Roma e París rexeitará as ofertas para volver á vida política activa até que o 1 de marzo de 1864 é nomeado Presidente do Consello de Ministros substituíndo a Lorenzo Arrazola no período de crise da Unión Liberal e que soamente duraría seis meses até o 16 de setembro de 1864,[2] aínda que para a súa fama quedou a incorporación por primeira vez dunha das figuras máis influentes na vida política española tras a restauración borbónica como foi Antonio Cánovas del Castillo.
Despois da revolución de 1868 separouse da vida política de maneira definitiva, aínda que foi nomeado Senador vitalicio en 1876.
O gran reformador do XIX
editarO seu papel no ministerio de Facenda é lembrado como o máis relevante de todo o século XIX español pois coa chamada Reforma Mon-Santillán (por Ramón Santillán) colocou a España entre os países de referencia nesa materia por mor da simplificación e modernización que levou a cabo no sistema tributario. Tamén é moi celebrado por promover a modernización da economía española pola súa aposta polos camiños de ferro e as industrais transformadoras.
Porén, hai autores, para os que o seu papel reformador supera o campo facendístico para ser o reformador das políticas económicas: a fiscal (1845), a monetaria e bancaria (1849) e a comercial co arancel de 1849.[3]
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Lorenzo Arrazola |
Alejandro Mon y Menéndez | Precede a: Ramón María Narváez |
Presidente do Goberno de España |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Mon y Menéndez |
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael (2006). "Alejandro Mon, un reformador económico". La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Zaragoza: Prensas universitarias de Zaragoza. pp. 57–85. ISBN 84-7733-779-9.
- Urquijo y Goitia, José Ramón (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1.