Eugenio Krapf

impresor e libreiro

Eugenio Krapf, nado en Zürich, Suíza, e finado o 10 de abril de 1903 en Vigo, foi un impresor e libreiro.

Infotaula de personaEugenio Krapf
Biografía
NacementoZürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1903 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlibreiro Editar o valor em Wikidata

Descrición

editar

Traballou en Sevilla e, a finais do século XIX, instalou unha librería e imprenta na rúa Policarpo Sanz de Vigo, de onde saíron múltiples tarxetas postais que retrataban en fotografías a cidade daquela época.

 
Un home tomando chocolate con churros na rúa, nunha tarxeta postal de Krapf.

Publicou no ano 1900 unha destacada edición de La Celestina de Fernando de Rojas, moi apreciada polos investigadores, prologada por Menéndez Pelayo e epilogada polo propio Krapf, que fai inventario das edicións e traducións anteriores da obra.[1]

Ten unha rúa dedicada no concello de Vigo, nas inmediacións de Balaídos.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar