Nicanor Alvarado Casanova
Nicanor Alvarado Casanova de Sotomayor, marqués de Trives, nado na Pobra de Trives (A Pobra de Trives) o 12 de xaneiro de 1830 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1896, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1830 A Pobra de Trives, España |
Morte | 16 de xullo de 1896 (66 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo de Buenaventura Alvarado Núñez e Jacinta Casanova Domínguez de Losada. Estudou dereito na Universidade de Salamanca e inglés e francés en ámbolos dous países. Dedicouse dende moi novo á política, militando no Partido Moderado. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1858, 1863 e 1871. Na Restauración volveu ser elixido deputado polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1876, 1879, 1884 e 1891. En 1887 foi elixido senador pola provincia de Ourense e en 1891 foi nomeado senador vitalicio.
O 17 de maio de 1875 Afonso XII concedeulle o título de Marqués de Trives.
Vida persoal
editarCasou con Carlota Barroeta-Aldamar, coa que tivo unha única filla, Jacinta Alvarado Barroeta-Aldamar que foi a segunda Marquesa de Trives.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado
- Marquesado de Trives