Abrir o menú principal

Benigno Quiroga Ballesteros

Benigno Quiroga López-Ballesteros, nado en Santiago de Compostela en 1848 e finado en Madrid o 3 de marzo de 1908[1], foi un político galego.

Benigno Quiroga Ballesteros
Benigno Quiroga.jpg
Benigno Quiroga, 1894
Nome completoBenigno Quiroga y López Ballesteros
Nacemento1848
 Santiago de Compostela
Falecemento9 de marzo de 1908
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
CónxuxeJulia Espín y Pérez de Collbrand
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado polo distrito de Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas. Foi ministro de Gobernación en dúas ocasións: entre o 10 de xuño e o 6 de xullo de 1906, e entre o 30 de novembro e o 4 de decembro de 1906, en gobernos de Segismundo Moret. A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.

Foi pai de Luis e Joaquín Quiroga Espín.

Predecesor:
Conde de Romanones
Bernabé Dávila Bertoloti
Ministro de Gobernación
1906
1906
Sucesor:
Bernabé Dávila Bertoloti
Conde de Romanones

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Regional, 4-3-1908, p. 1.

Véxase taménEditar