Paulino Souto Sánchez
avogado e político galego
(Redirección desde «Paulino Souto y Sánchez»)
Paulino Souto Sánchez, nado en Betanzos e finado na Coruña o 17 de outubro de 1892[1], foi un avogado e político galego.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 17 de outubro de 1892 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
1875 – 1880 | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Dereito. Foi letrado na Audiencia da Coruña onde abriu un bufete. Afiliado ao Partido Moderado, foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1864 e novamente en 1866. Na Restauración militou no Partido Conservador, do que foi líder na provincia da Coruña. Foi elixido presidente da deputación da Coruña o 16 de xaneiro de 1875. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1879, 1884 e 1891.
Predecesor: Benito Maristany |
Presidente da deputación da Coruña 1875 - 1880 |
Sucesor: Fernando Rubine Firpo |
Notas
editar- ↑ Las Mariñas, 23-10-1892, p. 1.