Manuel Quiroga Vázquez

avogado e político galego

Manuel Quiroga Vázquez, nado en Viloira (O Barco de Valdeorras) en 1845 e finado no mesmo lugar o 15 de febreiro de 1906[1], foi un avogado e político galego.

Manuel Quiroga Vázquez
Nacemento1845
 Viloira
Falecemento15 de febreiro de 1906
 Viloira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
FillosJosé Quiroga Velarde
IrmánsVicente Quiroga Vázquez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Quiroga Valdés, señor de Monte Furado e da casa de Viloira. Licenciado en Dereito. Foi deputado polo distrito de Lugo (1869-1872) e por Quiroga (1876-1879) integrado nas filas da Unión Liberal e por Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901) xa formando parte do Partido Conservador. O seu traballo no Congreso estivo centrado na mellora das comunicacións para a bisbarra valdeorresa. Foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904). En 1895 foi nomeado Director Xeral de Agricultura e foi embaixador plenipotenciario da China en Madrid.

Vida persoalEditar

Casou con Elena Velarde Guisasola e foi pai de José Quiroga Velarde e Elena Quiroga Velarde, que casou con Marcelino Suárez González. Viúvo, casou en segundas nupcias con Elena Navia-Osorio Sánchez Arjona. Era irmán do tamén político Vicente Quiroga Vázquez.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Correo de Galicia, 17-2-1906, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "O príncipe dos negocios" in Empresarios de Galicia. pp. 237–257. 

Ligazóns externasEditar