Cristino Martos
Cristino Martos Balbi, nado en Granada o 13 de setembro de 1830 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 1893, foi un avogado e político español.
Nome orixinal | (es) Cristino Martos y Balbí |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de setembro de 1830 Granada, España |
Morte | 17 de xaneiro de 1893 (62 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro 40°24′06″N 3°43′34″O / 40.401664, -3.726103 |
Q40266269 | |
22 de outubro de 1868 – 3 de setembro de 1869 – Quintín Chiarlone (en) → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Ministro de Estado de España | |
Ministro de Graza e Xustiza | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | diplomático , político , xornalista |
Partido político | Partido Demócrata-Radical |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Cristino Martos y Llobell (pt) |
Parentes | Anita Martos (pt) (neta (pt) ) |
Traxectoria
editarLogo de estudar en Granada, Toledo e Madrid licenciouse en Dereito. Participou na Revolución de 1854 que deu orixe ao Bienio Progresista e no intento de golpe de Estado que en 1866 encabezou Prim e que lle supuxo unha condena a morte que lle foi conmutada pola de desterro. A Revolución de 1868 permitiulle regresar a España iniciando a súa carreira política como presidente da Deputación Provincial de Madrid.
Deputado por Toledo nas Cortes Constituíntes de 1869, volveu obter escano nas eleccións de 1872 por Madrid e por Valencia nos comicios celebrados entre 1879 e 1886 para finalmente volver ser elixido por Toledo en 1891.
Membro do sector monárquico (denominado os cimbrios) do Partido Democrático, un grupo de demócratas que aceptou a solución monárquica proposta por Prim, uniuse á rama esquerda do Partido Constitucional para formar o Partido Demócrata-Radical.
Foi Ministro de Estado entre o 1 de novembro de 1869 e o 9 de xaneiro de 1870 nun goberno presidido por Prim volvendo ocupar esta carteira ministerial, xa durante o reinado de Amadeu I, en dúas ocasións: entre o 4 de xaneiro e o 24 de xullo de 1871 nun gabinete que presidiu o xeneral Serrano, e entre o 13 de xuño de 1872 e o 12 de febreiro de 1873 nun goberno presidido por Manuel Ruiz Zorrilla.
Coa I República volveu ser ministro ao ocupar a carteira de Graza e Xustiza entre o 4 de xaneiro e o 13 de maio de 1874 no goberno que sucesivamente presidiron Francisco Serrano Domínguez e Juan Zabala de la Puente.
Na Restauración uniuse ao Partido Republicano Progresista, pero abandonouno para integrarse no Partido Liberal con Sagasta.
Predecesor: Manuel Silvela Juan Bautista Topete Augusto Ulloa Castañón |
Ministro de Estado 1869 - 1870 1871 1872 - 1873 |
Sucesor: Práxedes Mateo Sagasta Fernando Fernández de Córdova Emilio Castelar |
Predecesor: Eugenio García Ruiz |
Ministro de Graza e Xustiza 1874 |
Sucesor: Manuel Alonso Martínez |
Predecesor: Nicolás María Rivero Antonio Cánovas del Castillo |
Presidente do Congreso dos Deputados 12 de febreiro - 18 de marzo de 1873 10 de maio de 1886 - 3 de xuño de 1889 |
Sucesor: Francisco Salmerón Manuel Alonso Martínez |
Vida persoal
editarO seu fillo Cristino Martos Llovet chegou a ser gobernador civil da Coruña en 1898.