Partido Constitucional (España)
O Partido Constitucional foi unha agrupación política que estivo activa na España de fins do século XIX.
Partido Constitucional | |
---|---|
Acrónimo | PC |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Liberalismo e constitucionalismo |
Data de fundación | 1871 |
Data de disolución | 1880 |
Presidente/a | Francisco Serrano Domínguez (-) |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarFormouse en 1871, logo da escisión dos progresistas que seguiu á morte do xeneral Prim. A rama dereita do Partido Progresista e varios escindidos da Unión Liberal organizáronse baixo a xefatura do xeneral Serrano e de Sagasta.
O Partido Constitucional alternou no poder co Partido Radical durante o breve reinado de Amadeu I. Durante o ano 1874, o Partido Constitucional tivo ao seu cargo boa parte da responsabilidade do goberno.
En maio de 1875 o Partido Constitucional dividiuse: os conducidos por Manuel Alonso Martínez ofrecéronlle colaboración a Cánovas na elaboración do texto constitucional, mentres que o resto do partido seguiu defendendo a vixencia da Constitución de 1869, expresión das conquistas liberais do ano anterior[1].
En 1880, os constitucionais uníronse a algunhas destacadas personalidades políticas e formaron o Partido Liberal Fusionista, baixo o liderado de Sagasta.
Notas
editar- ↑ Avilés Farré, Juan; Elizalde Pérez-Grueso, María Dolores; Sueiro Seoane, Susana (2002). Historia política de España, 1875-1939, Volumen 1. Serie: Historia de España. Colección Fundamentos nº 193. Istmo. p. 51. ISBN 84-7090-320-9.