Francesc Ferrer i Guàrdia

Pedagogo e anarquista catalán

Francesc Ferrer i Guàrdia, nado en Alella o 14 de xaneiro de 1859 e fusilado[1] en Barcelona o 13 de outubro de 1909, foi un pedagogo catalán.

Infotaula de personaFrancesc Ferrer i Guàrdia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Alella, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de outubro de 1909 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc 41°21′08″N 2°09′13″L / 41.352128, 2.153629 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaMovemento obreiro, Anticlericalismo e Anarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPedagogo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , escritor , pedagogo , filósofo Editar o valor em Wikidata
MovementoPensamento libre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLéopoldine Bonnard (en) Traducir (1899–1905) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no seo dunha familia católica, Ferrer reaccionou como anticlerical e ingresou na loxa masónica Verdad de Barcelona. Foi enviado pola súa familia a traballar á capital catalá, onde entrou como aprendiz nun comercio de fariñas no distrito de Sant Martí de Provençals. O seu dono inscribiuno nas clases nocturnas e iniciouno nos ideais republicanos. De formación autodidacta, estudou a fondo a doutrina de Pi i Margall e as teses internacionalistas.

Pedagoxía editar

A súa pedagoxía, anarquista, que algúns equiparan en valor coa súa contemporánea Montessori ou con Decroly, está relacionada coa 'Escola Nova': vinculación co medio, respecto polos nenos, autonomía... Foron características do seu quefacer como pedagogo as visitas ós centros de traballo, a coeducación –de sexo e clase–, o laicismo, a énfase na hixiene, a aprendizaxe activa a partir da práctica ou a supresión de exames.

Fundou en Barcelona a Escola Moderna, que funcionou entre 1901 e 1906, ano no que foi detido. Tivo relacións coa Institución Libre de Enseñanza.

Optou polo ensino en lingua castelá en troques da catalá, o que lle valeu antipatías entre os catalanistas.[1]

Política editar

En 1883 entrou a traballar como revisor na liña de ferrocarril Barcelona-Cervere, o que aproveita para exercer de enlace con Ruiz Zorrilla, compañeiro de militancia no Partido Republicano Progresista. Apoiou en 1886 o pronunciamento militar do Xeneral Villacampa, partidario de Ruiz Zorrilla, coa pretensión de proclamar a República. Ó fracasar o golpe tivo que exiliarse en París, acompañado de Teresa Sanmartí, con quen tivo tres fillos. Subsistiu dando clases de castelán e exercendo como secretario sen soldo de Ruiz Zorrilla. Ata os anos 90 continuou sendo republicano, pero a partir de entón comeza unha viraxe cara ao anarquismo. Participou en 1892 no Congreso Librepensador de Madrid.

En 1893 sepárase, e en 1899 casa con Leopoldine Bonnard, mestra librepensadora coa que recorre Europa. Nese tempo aproveitou para concibir os conceptos educativos anarquistas que logo aplicaría en España nos seus proxectos. Unha cuantiosa herdanza (un millón de francos) dunha antiga alumna, Ernestina Meunier, fixo posible levar a cabo o seu proxecto en Barcelona, onde inaugura en agosto de 1901 a Escola Moderna, un proxecto practico de pedagoxía libertaria, que lle granxeou a inimizade cos sectores conservadores e coa Igrexa Católica, que vían nestas escolas laicas unha ameaza ós seus intereses. Gran partidario da folga como arma revolucionaria, editou cos seus fondos o periódico La Huelga General, ata que en 1906 Mateu Morral, tradutor e bibliotecario do seu centro educativo, perpetrou o atentado frustrado contra Afonso XIII. Isto tivo como consecuencia para Ferrer o peche da Escola Moderna e varios meses de prisión acusado de complicidade, sendo absolto ó cabo dese tempo. Intentou volver a abrir a Escola Moderna, pero non lle foi posible, e ó ano seguinte trasladouse a Francia e a Bélxica. Alí fundou a Liga Internacional para a Educación Racional da Infancia, da que era presidente honorario Anatole France. En 1908 edita a revista da Liga L'Ecole rénovée en Bruxelas, pero posteriormente a traslada a París, onde retoma a actividade da súa editorial e continúa editando o boletín da Escola Moderna.

Proceso a raíz da Semana Tráxica editar

 
Lápida de Ferrer i Guàrdia no cemiterio de Montjuïc.

En 1909 é detido en Barcelona, acusado de ser o instigador da Semana Tráxica. Unha revolta anticlerical, trala que Ferrer, debido ás súas poucas amizades estratéxicas e á súa antiga ligazón a Mateo Morral, foi declarado culpable ante un tribunal militar, e executado o 13 de outubro de 1909 na prisión do Castelo de Montjuïc.

A raíz do proceso de execución de Ferrer i Guàrdia, o xornal The Times dixo:

Por neglixencia ou estupidez, o goberno confundiu a liberdade de instrución e conciencia, o dereito innato a razoar e expresar o seu pensamento, co dereito de oposición, asimilándoo a unha axitación criminal.

Anatole France, en carta aberta, afirmaba:

O seu crime é o de ser republicano, socialista, librepensador; o seu crime é crear o ensino laico en Barcelona, instruír a millares de cativos na moral independente, o seu crime é fundar escolas

William Archer dixo:

Toda a vida activa de Ferrer faría menos dano ó catolicismo español que o que lle fai na actualidade a mera mención do seu nome.

Cultura popular editar

 
Lápida no Cemiterio de Montjuïc en memoria dos anarquistas Durruti, Ascaso e Ferrer.

Durante a guerra civil, o Teatro Borràs de Barcelona levou o seu nome, xunto ó Aribau Club que, construído polos sindicalistas libertarios, inaugurouse co nome de Durruti, e o desaparecido cine Vergara, que se inaugurou co nome de Ascaso, formando a chamada triloxía dos "mártires" da causa anarquista, como indica a lápida construída no cemiterio de Montjuïc de Barcelona.

Posteriormente creouse a Fundación Francesc Ferrer i Guàrdia.

Recoñecementos editar

En 1911 foi erixida unha estatua na súa honra en Bruxelas. En Barcelona, durante a Segunda República, a actual Praza de Urquinaona levou o seu nome. En 1990 o concello de Barcelona, presidido por Pasqual Maragall, erixiu unha estatua en Montjuïc.[1]

Obra editar

  • La Escuela Moderna.
  • Principios de moral científica.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez, Pau (2020-12-06). "Ferrer i Guàrdia, la utopía educativa de hace más de 100 años de un pedagogo que acabó fusilado". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2020-12-07. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar