Eleccións xerais de España de 1884

As Eleccións Xerais de 27 de abril de 1884 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1884
 ← 1881 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1886 Editar o valor en Wikidata  → 
Data27 de abril de 1884 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata

Antecedentes

editar
 
Emilio Castelar

O 13 de outubro de 1883 o ministerio do Partido Liberal Fusionista presidido por Práxedes Mateo Sagasta asociado polos problemas que suscitaba a violenta intransigencia republicana, a axitación social e as divisións no seo do seu propio partido, entregaba a substitución a outro dirixido por José de Posada Herrera.

O 18 de xaneiro de 1884 a crise do liberal-fusionismo carrexa a caída de José de Posada Herrera e a volta dos conservadores do Partido Liberal-Conservador con Antonio Cánovas del Castillo quen o 31 de marzo disolve as Cortes.

Características

editar

O número de votantes para estas eleccións era de 808.243 (o 4,6% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 392 deputados o día 27 de abril de 1884.

Composición do Congreso dos Deputados

editar

Eleccións Xerais en España, 27 de abril de 1884

Partido Escanos Líder
Partido Liberal-Conservador 310 Antonio Cánovas del Castillo
Partido Liberal 38 Práxedes Mateo Sagasta
Izquierda Dinástica 38 José Posada Herrera
Partido Demócrata Posibilista 10 Emilio Castelar
Progresistas, republicanos, demócratas e independentes 2 Eduardo Baselga Chávez
Unión Liberal 1 Joaquín Fontes y Contreras

Morte de Afonso XII

editar

O 25 de novembro de 1885 morre o rei Afonso XII de España comezando a rexencia de María Cristina no nome do seu fillo o rei Afonso XIII.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar