José de Posada Herrera
José Posada Herrera, nado o 31 de marzo de 1814[1] en Posada de Llanes, Llanes, Asturias, e finado o 7 de setembro de 1885[1], tamén en Llanes, foi un avogado e político español.
José de Posada Herrera | |
---|---|
![]() | |
Ministro de Gobernación | |
Período | 14 de maio de 1858 - 30 de xuño de 1858 |
Antecesor | Ventura Díaz y Díaz |
Sucesor | José Posada Herrera |
Ministro de Gobernación | |
Período | 30 de xuño de 1858 - 17 de xaneiro de 1863 |
Antecesor | José Posada Herrera |
Sucesor | Antonio de Aguilar y Correa |
Ministro de Gobernación | |
Período | 21 de xuño de 1865 - 10 de xullo de 1866 |
Antecesor | Luis González-Bravo López de Arjona |
Sucesor | Luis González-Bravo López de Arjona |
Ministro de Gracia y Justicia (interino) | |
Período | 10 de agosto de 1859 - 29 de agosto de 1859 |
Antecesor | Santiago Fernández Negrete Gómez |
Sucesor | Santiago Fernández Negrete Gómez |
Ministro de Gracia y Justicia (interino) | |
Período | 13 de agosto de 1862 - 30 de outubro de 1859 |
Antecesor | Santiago Fernández Negrete Gómez |
Sucesor | Santiago Fernández Negrete Gómez |
Ministro de Fomento | |
Período | 21 de novembro de 1861 - 18 de decembro de 1861 |
Antecesor | Rafael de Bustos y Castilla-Portugal |
Sucesor | Antonio de Aguilar y Correa |
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de marzo de 1814 |
Llanes | |
Falecemento | 7 de setembro de 1885 |
Llanes | |
Organización | Partido Progresista, Partido Moderado, Izquierda Dinástica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Estudou Dereito e Economía na Universidade de Oviedo onde foi nomeado profesor de Economía Política en 1838.[2] Foi profesor da Escola especial de Administración en 1843, membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas (1857), da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación (1864) e presidente do Ateneo de Madrid.[3]
Desde o ano 1839 comezou unha intensa actividade política que o fixo testemuña e protagonista excepcional do seu axitado tempo. Durante o período entre 1839-1841, foi deputado por Asturias[1] polo Partido Progresista, mais a partir de 1842 achegouse ás filas do Partido Moderado, combatendo con dureza ao seu antigo compañeiro Salustiano Olózaga Almandoz e colaborou na caída da rexencia de Espartero, destacando, con todo, pola súa independencia como parlamentario.
Nomeado ministro de Gobernación (entre 1858 e 1865), nos gobernos presididos por Francisco Javier de Istúriz e Leopoldo O'Donnell, onde foi denominado "o gran elector",[4] pola falta de escrúpulos e a habelenza, para que nas eleccións o goberno mantivese o control do resultado, para acada-la vitoria.[5]
En 1868 pasou a ser embaixador perante a Santa Sé en Roma para conseguir a reconciliación desta coa Revolución. Participou na redacción das Constitucións de 1869[6] e 1876, chegando a ser elixido por unanimidade, en 1876 durante a Restauración, presidente da cámara dos Deputados. Ocupou importantes cargos políticos como membro do Consello Real, e Presidente do Consello de Estado (1881).
Finalmente, chegou a ser Presidente do Consello de Ministros dende o 10 de outubro de 1883[7] –nese momento como pertencente a Izquierda Dinástica- durante pouco tempo pois Sagasta, o 18 de xaneiro de 1884, conseguiu tombar o goberno[8]. Pretendeu levar a cabo varias reformas pero o seu goberno deixou case tódalas súas reformas inacabadas.
Pouco antes de morrer, recibiu de Afonso XII a condecoración do Vélaro de Ouro.[1]
Obra xurídica editar
Dentro do seu traballo como xurista, destacan os catro volumes de Lecciones de Administración[9] (1843) reproducidos, os tres primeiros, polo Instituto Nacional de Administración Pública, en 1978 e o cuarto -que foi pensado para ser perdido– dedicado á Beneficienca Pública, polo Servizo de Publicacións da Universidade de Oviedo, en 1995, grazas á investigación que fixo Francisco Sosa Wagner –profesor de Dereito Administrativo na Universidade de León- sobre o autor a quen considera o pai do Dereito Público en España e a quen se refiren dous dos seus últimos traballos: Posada Herrera actor y testigo del siglo XIX (1995) e La construcción del Estado y del Derecho Administrativo: ideario jurídico-político de Posada Herrera (2001). Para outros especialistas tamén é considerado como o "pai da ciencia administrativa española".[10]
A investigación sobre este autor, especialmente sobre a súa actuación como parlamentario e político, é de grande interese actual, estando pendentes de publicación por varias investigacións, sobre o seu arquivo privado, que contén numerosos documentos e correspondencia con contido político e legal.
Predecesor: Práxedes Mateo Sagasta |
Presidente do Consello de Ministros de España 10 de outubro de 1883 - 18 de xaneiro de 1884 |
Sucesor: Antonio Cánovas del Castillo |
Predecesor: Ventura Díaz y Díaz |
Ministro de Gobernación 14 de maio de 1858 - 30 de xuño de 1858 |
Sucesor: José Posada Herrera |
Predecesor: José Posada Herrera |
Ministro de Gobernación 30 de xuño de 1858 - 17 de xaneiro de 1863 |
Sucesor: Antonio de Aguilar y Correa |
Predecesor: Luis González-Bravo López de Arjona |
Ministro de Gobernación 21 de xuño de 1865 - 10 de xullo de 1866 |
Sucesor: Luis González-Bravo López de Arjona |
Predecesor: Santiago Fernández Negrete Gómez |
Ministro de Gracia y Justicia (interino) 10 de agosto de 1859 - 29 de agosto de 1859 10 de agosto de 1862 - 29 de agosto de 1862 |
Sucesor: Santiago Fernández Negrete Gómez |
Predecesor: Rafael de Bustos y Castilla-Portugal |
Ministro de Fomento 21 de novembro de 1861 - 18 de decembro de 1861 |
Sucesor: Antonio de Aguilar y Correa |
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Velarde Fuentes, Juan (1997). "La Real Academia de Ciencias Morales y Políticas en la vida pública española". Estudios de derecho constitucional y de ciencia política: homenaje al profesor Rodrigo Fernández Carvajal. Vol. II. Murcia: Servicio de Publicaciones Univesidad de Murcia. pp. 1129–1166. ISBN 84-8371-000-5.
- ↑ Martínez, María Lara (2007). El reinado de Isabel II a través de sus protagonistas. Madrid: Liceus, Servicios de Comunicación y Gestión. p. 22. ISBN 84-9822-592-2.
- ↑ Listaxe de presidentes do Ateneo
- ↑ Mesonero Romanos (en Memorias de un setentón, natural y vecino de Madrid. II, na nota 10) afirma que o alcume fora creado por Olózaga.
- ↑ Gran Enciclopedia Larousse, ISBN 84-320-7370-9. Entrada: Gobernación, ministerio de la
- ↑ Bolaños Mejías, Mª Carmen (2014). El reinado de Amadeo de Saboya y la monarquía constitucional. Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6885-0.
- ↑ de Urquijo y Goitia, José Ramón (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. p. 308. ISBN 978-84-00-08737-1.
- ↑ Tuñón de Lara, Manuel (2000). La España del siglo XIX. Básica de bolsillo. Madrid: Akal. p. 51. ISBN 978-84-460-1495-9.
- ↑ Edición en Google Books: vol. III
- ↑ Rodríguez-Arana Muñoz, Jaime (2001). Presentación. Posada Herrera y los orígenes del derecho administrativo español. I Seminario de Historia de la Administración (Instituto Nacional de Administración Pública (España)). p. 9. ISBN 84-7088-711-4.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José de Posada Herrera |