Consello de Estado de España
O Consello de Estado é un órgano consultivo do reino de España, creado en 1526 e aínda existente hoxe en día.
Consello de Estado de España | |
---|---|
Tipo | advisory board e consejo |
Data de fundación | 1904 |
Presidente/a | Carmen Calvo (2024-) |
Secretario/a | Guadalupe Hernández-Gil y Álvarez-Cienfuegos |
Localización | |
Sede | Palace of the Councils |
Enderezo | Calle Mayor, 79 28013 Madrid |
En | Madrid |
País | España |
40°24′54″N 3°42′47″O / 40.41501179766, -3.7130873132634 | |
Na rede | |
https://www.consejo-estado.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarPresente xa durante o reinado dos Reis Católicos baixo os nomes de Consello de Aragón e Consello de Castela, constituíu un instrumento do rei das Españas co fin de debater sobre a política exterior da monarquía. O rei Carlos I de España decidiu crear un consello propio para os asuntos externos da monarquía debido ao grande peso da política exterior durante o seu reinado. O Consello de Estado de España empezou a funcionar en 1526, cando Solimán o Magnífico ameazaba Austria. Foi o único Consello que non tiña presidente, pois era o propio Rei quen asumía esa función.
Os seus conselleiros non eran especialistas en leis senón expertos en relacións internacionais, como o Duque de Alba ou Nicolás Perrenot. Os conselleiros eran, por tanto, membros da alta nobreza e do alto clero. En tempos de Filipe II en ocasións o monarca non presidía os consellos e, no seu lugar, enviaba o seu secretario Antonio Pérez. A súa misión era asesorar o rei sobre a política exterior e tiña o control das embaixadas de Viena (dinastía familiar dos Austrias), Roma, Venecia, Xénova, e das principais potencias de Europa: Francia, Inglaterra e Portugal. A diferenza do Consello de Castela, onde o rei escoitaba os conselleiros e executaba as conclusións que lle presentaban, no Consello de Estado era o propio rei quen expuña os puntos a debater, escoitaba os seus conselleiros e, posteriormente, tomaba as decisións.
Coa Constitución de 1812 recuperouse o Consello de Estado como órgano de control do poder do monarca, e fixaba que o monarca precisaba a aprobación do Consello para algunhas tomas de decisións. Despois de 1904 converteuse en órgano consultivo do poder executivo, función que segue mantendo na actualidade, logo da definición xurídica operada durante a democracia.
Composición e funcións
editarA estrutura e funcións do Consello de Estado recóllense no artigo 107 da Constitución Española de 1978. É o supremo órgano consultivo do Goberno de España e está formado na súa maior parte por políticos retirados dos dous principais partidos de España.
Está formado polo Presidente, o pleno, a comisión Permanente, a comisión de Estudos e as Seccións.
- O presidente é nomeado por real decreto do Consello de Ministros entre xuristas de recoñecido prestixio e experiencia en asuntos de Estado.
- O pleno fórmano o Presidente, e todos os conselleiros, sexan estes natos, permanentes ou elixidos. Os conselleiros natos son os anteriores Presidentes do Goberno, os Directores ou Presidentes da Real Academia Española, da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, da Real Academia da Historia, do Consello Económico e Social, o Fiscal Xeral de España, o Xefe do Estado Maior da Defensa, o Gobernador do Banco de España, o Director do Servizo Xurídico do Estado e os Presidentes da Comisión Xeral de Codificación e da Avogacía. Os conselleiros permanentes vainos nomeando o goberno que observe algunha vacante entre aquelas persoas que fosen ministros, presidentes ou conselleiros das comunidades autónomas, conselleiros de Estado, letrados do propio Consello, profesores numerarios e funcionarios de nivel universitario con quince anos de exercicio, oficiais xerais do Corpo Xurídico Militar e antigos Gobernadores do Banco de España. Os conselleiros permanentes non poden ser máis cás seccións que ten o propio Consello de Estado. Os conselleiros elixidos son nunca máis de dez e resultan escollidos polo Consello de Ministros por un período de catro anos. Tamén forma parte do pleno o secretario xeral do Consello.
- A comisión Permanente está integrada polo Presidente, os Conselleiros permanentes e o Secretario xeral.
- A comisión de Estudos está integrada polo Presidente, dous Conselleiros permanentes, dous natos e dous electivos, designados polo Pleno, e o Secretario xeral.
A función do Consello de Estado é exclusivamente consultiva, e limítase a dar a súa opinión fundada sobre o obxecto da consulta ou a propor outra solución máis adecuada. No exercicio desta función, debe velar pola observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico (ver Lei Orgánica 3/1980, de 22 de abril). Ademais, debe procurar a harmonía do sistema, o rigor da técnica normativa e o bo facer da Administración, para reducir ao mínimo a conflitividade cos cidadáns. Tres dos seus conselleiros permanentes son designados cada ano para formar parte do Tribunal de Conflitos de Xurisdición.
Composición
editarA composición actual do Consello de Estado do Reino de España en decembro de 2018 é:[1]
Presidencia: María Teresa Fernández de la Vega, exvicepresidenta do Goberno de España, exministra da Presidencia, exportavoz do Goberno, exsecretaria de Estado de Xustiza e exdeputada por varias provincias.
Secretaría xeral: Guadalupe Hernández-Gil y Álvarez-Cienfuegos, letrada do Consello de Estado.
Conselleiros permanentes:
- Landelino Lavilla Alsina (Sección Primeira), letrado do Consello de Estado, xurista, exvicepresidente do Goberno de España e expresidente do Congreso dos Deputados.
- Miguel Rodríguez-Piñero Bravo-Ferrer (Sección Segunda), catedrático de Dereito do Traballo; expresidente do Tribunal Constitucional.
- Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón (Sección Terceira), letrado do Consello de Estado, xurista e político; un dos Pais da Constitución.
- Fernando Ledesma Bartret (Sección Cuarta), maxistrado del Tribunal Supremo; exministro de Xustiza, exvocal do Consello Xeral do Poder Xudicial e expresidente do Consello de Estado.
- Alberto Aza Arias (Sección Quinta), diplomático.
- José Luis Manzanares Samaniego (Sección Sexta), maxistrado del Tribunal Supremo; exvicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e exmaxistrado do Tribunal Constitucional.
- Victoria Camps Cervera (Sección Sétima), filósofa, catedrática de Ética e vicepresidenta da Asociación de Federalistas de Esquerdas. Senadora polo PSC entre 1993 e 1996.
- Enrique Alonso García (Sección Oitava), letrado do Consello de Estado e catedrático de Dereito do Medio Ambiente da Universidade Rei Xoán Carlos desde a súa creación ata xuño de 2006. Exdirector do Real Colexio Complutense (establecido en cooperación coa Universidade de Harvard).
Conselleiros natos:
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Darío Villanueva Prieto, director da Real Academia Española.
- Juan Velarde Fuertes, presidente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.
- José Antonio Escudero López, presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.
- Marcos Peña Pinto, presidente do Consello Económico e Social.
- María José Segarra Crespo, Fiscal Xeral do Estado.
- Fernando Alejandre Martínez, Xeneral de Exército, xefe do Estado Maior da Defensa.
- Victoria Ortega Benito, presidenta do Consello Xeral da Avogacía.
- Antonio Pau Pedrón, presidente da Sección Primeira da Comisión Xeral de Codificación.
- Consuelo Castro Rey, avogada xeral do Estado-directora do Servizo Xurídico do Estado.
- Marta Silva de Lapuerta, avogada xeral do Estado-directora do Servizo Xurídico do Estado
- Pablo Hernández de Cos, gobernador do Banco de España.
Conselleiros electivos:
- Amelia Valcárcel Bernaldo de Quirós, filósofa e vicepresidenta do Real Padroado do Museo del Prado.
- Juan José Laborda Martín, historiador e político, expresidente do Senado.
- Juan Antonio Ortega y Díaz-Ambrona, letrado do Consello de Estado, avogado, xurista e político, exministro de Educación, Universidades e Investigación.
- José María Michavila Núñez, letrado do Consello de Estado, avogado, exministro de Xustiza.
- Jordi Guillot i Miravet, político, exsenador e exdeputado catalán.
- María Emilia Casas Baamonde, exmaxistrada e expresidenta do Tribunal Constitucional.
- Elisa Pérez Vera, exreitora da Universidade Nacional de Educación a Distancia e maxistrada do Tribunal Constitucional.
- Soraya Sáenz de Santamaría, avogada do Estado, xurista, profesora e política, exvicepresidenta do Goberno de España.
Todos teñen tratamento de Excelentísimo/a Señor/a, excepto o Xefe do Gabinete, que recibe tratamento de Ilustrísimo/a Señor/a
Listaxe de últimos presidentes
editar- Antonio María de Oriol (1973-1979)
- Antonio Jiménez Blanco (1979-1982)
- Antonio Hernández Gil (1982-1985)
- Tomás de la Quadra-Salcedo (1985-1991)
- Fernando Ledesma (1991-1996)
- Íñigo Cavero (1996-2002)
- Xosé Manuel Romay Beccaría (2003-2004)
- Francisco Rubio Llorente (2004-2012)
- Xosé Manuel Romay Beccaría (2012-2018)
- María Teresa Fernández de la Vega (desde 2018)
Notas
editar- ↑ "Directorio del Consejo de Estado". Consello de Estado. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2018.