Salustiano de Olózaga

(Redirección desde «Salustiano Olózaga»)

Salustiano de Olózaga Almandoz[1], nado en Oion (Áraba) o 8 de xuño de 1805 e finado en París o 26 de setembro de 1873, foi un militar, escritor, avogado e político español.

Infotaula de personaSalustiano de Olózaga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Salustiano de Olózaga y Almandoz Editar o valor em Wikidata
8 de xuño de 1805 Editar o valor em Wikidata
Oion, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1873 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Enghien-les-Bains, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor em Wikidata
Embaixador de España en Francia
1870 – 1873
Presidente do Consello de Ministros
20 de novembro de 1843 – 29 de novembro de 1843
← Joaquín María LópezLuis González Brabo y López de Arjona →
Alcalde de Madrid
1840 – 1840
Embaixador de España en Francia
1840 – 1843
Gobernador civil da provincia de Madrid
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , avogado , militar , escritor , político , filósofo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosElisa Olózaga Camarasa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé Olózaga Almandoz Editar o valor em Wikidata
ParentesMarià Rius i Montaner (en) Traducir (xenro)
Elisa Rius y Olózaga (en) Traducir (daughter's daughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1263305 WikiTree: Olózaga_Almandoz-1 Find a Grave: 10511516 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Filosofía en Zaragoza e Madrid e Leis nesta última cidade. Membro da Milicia Nacional, e liberal convencido, participou como oficial custodiado no establecemento das Cortes de Cádiz. Exiliouse a San Xoán da Luz, (Francia), en 1831, fuxindo da política represiva de Fernando VII tras as revoltas de 1831. Con Mendizábal foi Gobernador Civil de Madrid e máis tarde Deputado desta cidade e despois de Logroño dende 1836 até 1873. Participou na elaboración da Constitución española de 1837 tras o Motín de la Granja de San Ildefonso, convencido da necesidade de superar os enfrontamentos da Constitución de 1812 e o Estatuto Real de 1834. É por esta época cando se nomea como preceptor da filla máis nova da naquel momento Rexente María Cristina de Borbón, e do defunto Fernando VII, a futura Isabel II.

Oposto á Lei de Concellos da Rexente e cun claro apoio ao progresismo de Baldomero Espartero no seu enfrontamento con María Cristina. Ao ascender Espartero ao poder, foi nomeado embaixador en París onde tratou de conciliar as posicións oficiais españolas coas tramas que realizaba María Cristina no exilio. Tras a caída da Espartero e recentemente nomeada Isabel II maior de idade e Raíña de España, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros onde tivo que enfrontarse ás falsas acusacións do reacionario Luis González Bravo, nas que sostiña que tratara de disolver as Cortes mediante o uso da violencia e a intimidación da raíña. Esta situación obrigouno outra vez a marchar a Francia o 19 de novembro de 1843. Non volvería a España até 1847. En 1853 ingresou como membro da Real Academia da Historia. Posteriormente foi embaixador en París e de volta á península mantivo duras críticas fronte aos moderados e reacionarios.

En 1871 foi nomeado membro da Real Academia Española. Faleceu sendo embaixador de España en Francia.

En 1866 Rosalía de Castro dedicoulle un poema en castelán publicado no diario madrileño La Soberanía Nacional[2]

  • Historia política de Aragón (1853)
  • De la beneficiencia en Inglaterra y en España (1864)
  • Estudios sobre elocuencia, política, jurisprudencia, historia y moral (1864)
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Joaquín María López
Salustiano de Olózaga
Precede a:
Luis González Bravo
Presidente do Goberno de España
  1. "Olózaga, Salustiano de". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1511. 
  2. "Exhumado un poema de Rosalía de Castro". Real Academia Galega. 29 de abril de 2013. 

Véxase tamén

editar