Francisco Javier González de Castejón y Elío
Francisco Javier González de Castejón y Elío (Pamplona, 25 de maio de 1848–Madrid, 25 de novembro de 1919) —tamén coñecido como o marqués de Vadillo—, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, carteira que ocuparía de novo, xunto ás de ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas e ministro da Gobernación durante o reinado de Afonso XIII. Tamén foi director xeral do Contencioso do Estado, antecesor do actual Avogado Xeral.
Traxectoria
editarNaceu o 25 de maio de 1848 en Pamplona.[1] Foi catedrático de dereito natural na Universidade Central de Madrid. Membro da Unión Católica e do Partido Conservador, iniciou a súa carreira política como deputado por Navarra nas eleccións de 1879, sendo reelixido sucesivamente até 1914, renunciando en 1915 ao ser nomeado senador vitalicio.[2]
Ministro de Graza e Xustiza entre o 18 de abril de 1900 e o 6 de marzo de 1901[3] nos dous sucesivos gobernos que presidiron Silvela e Azcárraga, posto que ocupou de novo entre o 27 de outubro de 1913 e o 7 de setembro de 1914[3] nun goberno Dato; foi tamén ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións: entre o 6 de decembro de 1902 e o 20 de xullo de 1903[3] nun gabinete presidido por Silvela, e entre o 27 de xaneiro e o 23 de xuño de 1905[3] no goberno encabezado por Fernández Villaverde. Foi ministro da Gobernación no gabinete que, entre o 16 de decembro de 1904 e o 27 de xaneiro de 1905,[3] presidiu Azcárraga.
Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e da Academia de Ciencias Morais e Políticas.
Notas
editar- ↑ Vázquez de Prada Tiffé 1991, p. 469.
- ↑ "Expediente personal del Senador vitalicio D. Francisco Javier González de Castejón y Elio, Marqués de Vadillo". senado.es. Consultado o 28 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Javier González de Castejón y Elío |
Bibliografía
editar- Vázquez de Prada Tiffé, Mercedes (1991). "El Marqués del Vadillo: Figura clave del partido conservador en Navarra". En Andrés-Gallego, José; et al. Estudios de historia moderna y contemporánea : homenaje a Federico Suarez Verdeguer (en castelán). Madrid: Ediciones Rialp. pp. 469–480. ISBN 84-321-2748-5.