Luis María de la Torre y de la Hoz
Luís María de la Torre y de la Hoz Quintanilla y Vega, nado en Anaz (Cantabria), o 24 de maio de 1827 e finado en Madrid o 3 de marzo de 1901,[1] foi un avogado e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena foi ministro de Graza e Xustiza.
Luis María de la Torre y de la Hoz | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Luis María de la Torre y de la Hoz |
Nacemento | 24 de maio de 1827 |
Lugar de nacemento | Ánaz |
Falecemento | 3 de marzo de 1901 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidad Central |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
En 1849, despois de estudar no Real Seminario de Nobres e no Colexio Borbón de París, obtivo en 1849 o seu doutoramento en Dereito pola Universidade Central de Madrid.
Foi membro do Congreso dos Deputados dende 1858 polo distrito de Segovia até retirarse da política activa coa Revolución de 1868. Posteriormente, na Restauración, retornou á política co Partido Conservador nas eleccións de 1876,[2] nas que volveu saír deputado por Segovia, aínda que renunciou para ser elixido senador vitalicio en 1877.[3]
Cargos políticosEditar
En 1891-1893 e 1896-1898 foi vicepresidente do Congreso dos Deputados, e de marzo a outubro de 1899 foi gobernador do Banco de España. Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 24 de outubro de 1899 e 18 de abril de 1900 nun gabinete de Silvela. Tamén foi director xeral de rexistros.
RecoñecementosEditar
En 1875, recibiu o título de Conde de Torreanaz. Foi membro da Orde de Calatrava,[4] e cabaleiro mestre da Real Maestranza de Cabalería de Ronda. Foi académico da Real Academia de Ciencias Morales e Políticas e da Academia de Xurisprudencia e Lexislación.[1]
ObrasEditar
- Los antiguos gremios (Madrid, 1866)[5]
- Les Conseils d'Etat (París, 1873).
- Los Consejos del Rey en la Edad Media (Madrid, 1884 e 1892)
Predecesor: Manuel de Eguilior y Llaguno |
Gobernador do Banco de España marzo 1899 - outubro 1899 |
Sucesor: Antonio María Fabié |
Predecesor: Manuel Durán y Bas |
Ministerio de Graza e Xustiza 24 de outubro de 1899 - 18 de abril de 1900 |
Sucesor: Francisco González de Castejón y Elío |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Torre y de la Hoz Quintanilla y Vega, Antonio Manuel Luis María de la". escritorescantabros.com (en castelán). Consultado o 12-2-2020.
- ↑ Ficha do Senado
- ↑ "Ficha do Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2021.
- ↑ Alonso de Cadenas y López, Ampelio (1990). Caballeros de las órdenes de Santiago, Calatrava, Alcántara y Montesa que ostentaron un título nobiliario (s. XIX) (en castelán). Madrid: Hidalguía. p. 68. ISBN 84-87204-19-8.
- ↑ "Los antiguos gremios". cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 12-2-2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis María de la Torre y de la Hoz |