Carlos González Besada

Carlos González Besada Giráldez, finado en Madrid en xaneiro de 1946, foi un avogado, diplomático e político galego.

Carlos González Besada
Nome completoCarlos González-Besada Giráldez
Nacementovalor descoñecido
Falecemento1946
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, diplomático e político
PaiAugusto González Besada
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Augusto González Besada. Foi Vicecónsul de España en París. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo en 1919. Continuou como deputado por Lugo nas eleccións de 1920, e foi elixido deputado polo distrito de Monforte nas eleccións de 1923. Foi cónsul de España en Matanzas, Porto Alegre e Bogotá. Herdou o título de Marqués de González Besada á morte da súa nai Carolina Giráldez en 1940.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar