Café con Gotas foi unha revista editada en Santiago de Compostela de 1886 a 1892 con interrupcións.[1]

Café con Gotas
PaísEspaña
LugarSantiago de Compostela
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Semanario humorístico sin tostada e Semanario cómico, satírico, ilustrado etc, apareceu o 17 de outubro de 1886, e atravesou tres épocas de edición. Foi dirixida por Manuel Carballido García na primeira época, por Antonio Felipe Lueiro na segunda, e por Moisés González Besada na terceira. Editouse na imprenta de Alonso Viéitez. Ao longo dos anos contou coas colaboracións de Manuel Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta Pose, Aurelio Ribalta e os irmáns Valle-Inclán (Ramón e Carlos). Tiña como seccións: "Sin tostada" e "Gotas". Apareceron algunhas composicións en galego e caricaturas de personaxes coñecidos da época, realizados por José Pando.

  1. Santos Zas, Margarita (1999) Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. XIV-XVI

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar