Queixumes dos pinos
Queixumes dos pinos é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e publicado en 1886 na Biblioteca Gallega dos editores Latorre e Martínez, da Coruña, na imprenta de La Voz de Galicia.[1]
Queixumes dos pinos | |
---|---|
Autor/a | Eduardo Pondal |
Lingua | lingua galega |
Colección | Biblioteca Gallega |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | La Voz de Galicia |
Data de pub. | 1886 |
Páxinas | 225 |
Editor | Latorre y Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarPondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desaparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "Os pinos".
A segunda edición publicouse pola Academia Gallega, na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de Manuel Murguía, e epílogo de Manuel Lugrís Freire.
A obra foi incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega da Editorial Galaxia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Notas
editar- ↑ "Queixumes dos pinos". BVG. Consultado o 15 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Cardeñoso, Severino (1978). Acercamiento a la poesía gallega del siglo XIX. ISBN 84-85247-45-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Queixumes dos pinos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queixumes dos pinos |
Outros artigos
editar- "Os Pinos"