Vicente Turnes

poeta galego

Vicente Turnes del Río Maldonado, nado en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1786 e finado na mesma vila o 13 de xaneiro de 1865, foi un escritor e xornalista galego.

Modelo:BiografíaVicente Turnes
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1786 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1865 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1463209 BUSC: turnes-del-rio-maldonado-vicente-1786-1865

Traxectoria

editar

Seguiu a carreira de Leis na súa cidade natal, doutorándose na mesma. Aos vinte e sete anos, Turnes comezou a padecer de cegueira, motivo polo cal non desenvolveu unha actividade literaria máis extensa. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza. Participou en diversas actividades da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, para a que elaborou a “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”.

Publicou unha abundante obra poética en castelán. Foron atribuídos a el, igualmente, algúns diálogos. Os seus versos en galego non foron recollidos en ningún libro, mais si en xornais e follas soltas. Segundo Ricardo Carvalho Calero, a súa produción poética pode dividirse en catro grandes bloques temáticos: Poesías áulicas de tema palatino, poesías patrióticas, poesías satíricas e vilancicos de Nadal. Traduciu ao galego o Evanxeo de Mateu por encargo de Louis Lucien Bonaparte, mais este considerou a tradución moi castelanizada e encargoulle unha segunda versión a José Sánchez de Santa María.

  • Tertulias de Picaños, 1836.
  • Diálogos en la Alameda, 1836.

Poesía

editar
  • Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado, 1834.
  • Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar, 1851.
  • Composiciones poéticas, 1875.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar