El Centinela de Galicia
El Centinela de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1843 e 1844.
Historia e características Editar
Subtitulado Periódico político, literario e industrial, foi fundado por Vicente Manuel Cociña e Tiburcio Faraldo. Contiña crónicas de Galicia, correspondencia, poesías, extractos das Cortes e artigos políticos que apoiaban ao Partido Moderado. Entre os seus colaboradores destacan Benito Vicetto, José Domínguez Izquierdo, José María Posada Pereira e Domingo Díaz de Robles. Ocasionalmente, incluía cantigas populares e algúns poemas en galego. Desapareceu en abril de 1844.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas Editar
- Exemplares na Hemeroteca da RAG Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Ficha e exemplares de El Centinela de Galicia en Galiciana.