Tiburcio Faraldo
escritor e diplomático galego
Tiburcio Faraldo Asorey, nado en Betanzos e finado en Shanghai en novembro de 1875[1], foi un escritor e diplomático galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Betanzos, España |
Morte | novembro de 1875 Shanghai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , diplomático |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Antolín Faraldo |
Traxectoria
editarFillo de Feliciano Vicente Faraldo e de Francisca Asorey Canda, irmán de Antolín Faraldo. Estudou no Colexio Insigne de la Natividad de Viveiro. Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Fundou, xunto con Vicente Manuel Cociña, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Foi redactor de El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, dirixido por Vicente Manuel Cociña. Foi cónsul e Ministro Plenipotenciario de España na China.