Pedro Boado Sánchez
Pedro Boado Sánchez, nado en Quintás (A Barra, Coles)[3] e finado en 1823 no océano Atlántico, foi un político e escritor galego, doutor en leis, de ideoloxía liberal.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | data descoñecida Quintás (Coles)[1] |
Morte | 1823? Océano Atlántico |
Formación profesional | doutor en leis |
Actividade | |
Ocupación | político [2] |
Obra | |
Obras destacables Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo | |
Traxectoria
editarResidía na Coruña en 1814 cando foi denunciado polos absolutistas como un dos liberais máis radicais. Era secretario do xefe político e acababa de ser nomeado maxistrado de Pamplona cando a restauración do absolutismo freou a súa carreira.[6] Participou no pronunciamento constitucional coruñés de 1820.[1] Foi secretario da Sociedad Patriótica da Coruña e nomeado xefe político dos distritos de Tui e Ourense e posteriormente da provincia de Ourense (1822).[7] Fundou o Boletín Oficial de Ourense, de tendencia liberal.[8] En xuño de 1823 publicou Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo,[5] coloquio de propaganda ideolóxica liberal no que dous dos personaxes, os labradores Francisco González e Manuel Ribera, falan galego e os outros dous, o avogado e o amanuense, falan castelán.[4][9]
En xullo marchou exiliado a Porto, morrendo no mesmo ano, nun incendio,[10] cando ía embarcado fuxindo do absolutismo portugués.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 García Rodríguez, Carmen e Fontoira Surís, Lydia: GEG. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal 9. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 108. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Carballo Calero, R. (1975): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo, Ed. Galaxia, 2ª edición, páx. 42-43.
- ↑ 4,0 4,1 Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 327.
- ↑ 5,0 5,1 Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo. Cuaderno primero al cual seguirá el segundo. Contiene las principales disposiciones eclesiásticas y civiles, relativas á los que se llaman comunmente derechos de estola y pie de altar
- ↑ Mariño Paz, R. (ed) (2008). Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 pp. 242-285. CCG. ISBN 978-84-96530-69-0.
- ↑ 7,0 7,1 Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 124.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 388. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 85–86. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Véxase o limar da 2ª edición (1841) de O tío Farruco, diálogo entre dos labradores gallegos
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-391-5.
- Mariño Paz, R. (1990). "Motivacións para o emprego da lingua galega na literatura política dos primeiros anos do século XIX" Grial 105, pp. 35–67.
- Mariño Paz, R. (1991). "Estudio fonético, ortográfico e morfolóxico de textos do prerrexurdimento galego (1805-1837)". Tese. USC.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Pedro Boado Sánchez |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Boado Sánchez |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Barreiro Fernández, X. R. (1997) O liberalismo coruñés: A segunda xeración (1823-1843) Arquivado 04 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- Prada Allo, Alfonso (1990): "A imprensa en Ourense. Os talleres de Pazos, producción" en Porta da aira: revista de historia del arte orensano, n.º 3.