Ánxel Sevillano

escritor e xornalista galego
Non confundir con Angel Sevillano Estremera (Vigo 1942-1994), pintor.

Ánxel Sevillano García, nado en Vigo o 25 de xullo de 1906 e finado en Pontevedra o 31 de decembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.

Ánxel Sevillano
Nacemento25 de xullo de 1906
Lugar de nacementoVigo
Falecemento31 de decembro de 1989
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

De neno pasou algúns anos en Fondo de Cea (San Cristovo de Cea), terra da súa nai, o que influíu na súa obra.

Tivo amplas cotas de responsabilidades como xornalista, xa que foi redactor xefe de El Pueblo Gallego e director de Grial e de Anuario de Vigo.

Como poeta publicou a súa primeira obra antes da Guerra civil española. En 1935 daba ó prelo O muíño albeiro. En plena guerra civil saíu O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), ó que seguiron Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (Colección Salnés, 1963).[1] Menos coñecido como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979), con historias da terra da súa nai, Fondo de Cea, e a novela Doutor Famiano (1988).

Premios Editar

Obtivo o Premio Nacional de Xornalismo "Octubre 1943", o "Gran Premio Vigo de Cinematografía" (polos guións literario e técnico) e o premio "Ciudad de Vigo".

Notas Editar

  1. As dornas da preguiza en Google Books.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar