Vicente Feixoo
Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias, nado en Allariz o 19 de febreiro de 1813 e finado en Baiona o 14 de outubro de 1854, foi un médico e poeta galego, que Ricardo Carballo Calero sitúa entre os precursores de Rosalía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1813 Allariz, España |
Morte | 14 de outubro de 1854 (41 anos) Baiona, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Traxectoria
editarVicente María Feijoo-Montenegro y Arias foi o cuarto neto do señor da Granxa do Mato, don Antonio Feixoo-Montenegro, pai de Frei Bieito Feixoo. Licenciouse en Medicina en 1837.
Foi amigo de Neira de Mosquera e tamén de Saco e Arce, quen o fixo figurar na pequena antoloxía da súa Gramática[1] unha composición de Vicente Feijoo: Á boa memoria de Azara. Con motivo da publicación das obras completas de Azara (1771-1804) preparouse unha “corona poética” con poemas nas diferentes linguas do estado. A composición é un himno escrito en 1851 e composto en hendecasílabos formados por tres anapestos e unha sílaba final. Comeza e remata con serventesios, o resto consta de nove oitavas italianas, cos versos 1º e 5º non libres. O vocabulario é enxebre[2]. Vicente Feijoo tamén é autor de lendas en verso e algunha novela histórica en castelán [3].
Morreu en Baiona, vítima do cólera
Notas
editar- ↑ Saco Arce, Juan A (1868). Gramática Gallega. Imprenta de Soto Freire. p. 303-305.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 201. ISBN 84-8288-019-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 118.