Carmen Prieto

escritora galega

Carmen Prieto Rouco, nada en Vilalba o 13 de xaneiro de 1901[1] e finada na mesma localidade o 11 de maio de 1977,[2] foi unha poeta e dramaturga galega.

Carmen Prieto
retrato en Vida Gallega, 1933.
Nome completoCarmen Prieto Rouco
Nacemento13 de xaneiro de 1901
Lugar de nacementoVilalba
Falecemento11 de maio de 1977
Lugar de falecementoVilalba
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]
Placa e casa da escritora na rúa Porta de Cima, de Vilalba

Traxectoria editar

Epígono de Rosalía de Castro, comezou a escribir moi nova. Algúns poemas publicados en Horas de frebe datan de cando tiña trece anos.[3] A súa poesía, costumista e dun lirismo subxectivo, céntrase no mundo rural, frecuentemente cun ton anticaciquil. Formalmente, os seus versos amosan defectos no ritmo[2] e o seu galego é algo forzado.[4] Colaborou en Ideal Gallego, e moitos dos seus poemas apareceron en Faro Villalbés. Está considerada unha das precursoras da escrita teatral galega canda Herminia Fariña.[5]

De ideoloxía católica conservadora, durante a Guerra Civil Española cantou as glorias de Francisco Franco.[6] Deixou de publicar en galego ata 1956, cando editou o poemario bilingüe Lluvia menuda.

Obra editar

Poemarios editar

  • Horas de frebe (1926)
  • Lluvia menuda (1956, bilingüe)
  • A virxe viuda. Hestoria dun amor (1964)
  • O derradeiro (1977, póstumo)

Obra teatral editar

  • A loita (1923, monólogo anticaciquil e de propaganda das Irmandades da Fala)
  • O lexionareo (1925, monólogo patriota español con motivo da guerra de África)
  • O embargo (traxedia)
  • Treidores celos (zarzuela)
  • A boda do afillado (monólogo)
  • O secreto da bruxa (sainete)

Notas editar

  1. Couceiro Freijomil, A. (1954). "Prieto Rouco, Carmen". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 129. 
  2. 2,0 2,1 Carballo Calero, R. (198). Historia da literatura galega contemporánea (3ª ed.). Galaxia. pp. 562–563. 
  3. Arturo Casas Público e empresas editoras na poesía galega entre a fundación das Irmandades da Fala e a Guerra Civil en Homenaje a Benito Varela Jácome. USC, 2001, páxina 109.
  4. Germán Bleiberg, Maureen Ihrie e Janet Pérez Dictionary of the literature of the Iberian Peninsula, Volume 2. Greenwood Publishing Group, 1993, páxina 1314
  5. Carmen Blanco Literatura galega da muller. Xerais, 1991, pp. 328-333
  6. Xoán Pastor Rodríguez Santamaría Penélopes de tinta: as mulleres na poesía galega. Da guerra civil á palabra no tempo Arquivado 16 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 3, 2007

Véxase tamén editar

Bibliografía editar