Francisco Potel Pardal

escritor e relixioso galego

Francisco Potel Pardal, nado en Xanza (Valga) o 29 de xuño de 1887 e finado na mesma parroquia o 9 de agosto de 1939, foi un crego e poeta galego. Ricardo Carballo Calero encadrouno nos tempos do Postrexurdimento[1].

Francisco Potel Pardal
Nacemento29 de xuño de 1887
Lugar de nacementoXanza
Falecemento9 de agosto de 1939
Lugar de falecementoXanza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote e escritor
Na rede
Galiciana: 36141
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Rematou a carreira de sacerdote en 1911. En 1917 xa era coadxutor en Vilagarcía de Arousa, e foi nomeado párroco de Lestedo[2] nas abas do Pico Sacro. Foi o responsable da construción da igrexa parroquial actual.

Sendo estudante de crego publicou aos seus vinte e catro anos Costumes da terriña (199 páxinas)[3], con prólogo de Emilio Villelga Rodríguez. Como o título indica, é un libro de prosas costumista[4]. Non hai nada semellante a unha trama novelesca aínda que os personaxes actúen dentro da vida campesiña na que se desenvolven. Son catorce capítulos: "Ani-novo", "A morte do porco", "O entroido", "O pormeiro día de coresma", "A semana maor", "O maio", "A noite de San Xoán", "Unha tarde no rueiro", "A festa", "A espadela", "O día dos mortos", "Un casamento", "As fiadas" e "Noite boa"[5]. Dáse detallada conta dun xeito descritivo e lineal de diversos aspectos da vida rural galega, incluíndo celebracións relixiosas e pagás, costumes, traballos do campo etc.[6]

É un libro escrito nunha prosa sinxela e popular, nun bo galego da zona e rico vocabulario para o material folclórico que recolle. Así unha das palabras da obra é recollida no Portal das Palabras: Están xogando á mariola cun “peletre” feito dun cacho de tella.[7]

Obra editar

Costumes da terriña, 1911

Notas editar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Otero Pedrayo, Ramón (Director) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 25. Silverio Cañada. ISBN 84-7286-193-7. 
  3. Potel Pardal, Francisco, alumno de Derecho Canónico en la Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1911). Costumes dá terriña. Impl. Y Enc. el Seminario C. Central. 
  4. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 14. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-302-8. 
  5. Carballo Calero 1975, p. 560.
  6. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 482. ISBN 84-8288-019-5. 
  7. "Palabra do día: peletre". Portal da Palabras. Consultado o 05/04/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar