Jacinto Romualdo López
Jacinto Romualdo López López-Bolaño, nado en Ribadeo o 7 de febreiro de 1808 e finado en Mondoñedo o 30 de xuño de 1895, foi un escritor e político galego.
Jacinto Romualdo López | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1808 |
Lugar de nacemento | Ribadeo |
Falecemento | 30 de xuño de 1895 |
Lugar de falecemento | Mondoñedo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Trasladouse moi novo a Mondoñedo e entre 1829 e 1832 cursou estudos teolóxicos no seminario de Mondoñedo. Abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse ao maxisterio, obtendo o título de mestre en 1833. Exerceu a docencia na escola de primeiras letras do Seminario. En 1843 foi designado alcalde de Mondoñedo, deixando o cargo ao ano seguinte.
Publicou Curso elemental de Gramática (1841), e colaborou en El Mensajero, o periódico fundado e dirixido por Pascual Madoz, e no Diccionario geográfico-histórico-estadístico do mesmo Madoz. Escribiu dúas panxoliñas en galego, continuando a tradición de Nadal da escola mindoniense. Tamén escribiu poemas en latín e castelán.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 240. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.