Juan Montero Telinge

político español

Juan Montero Telinge, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1800[1][2] e finado na Coruña o 26 de outubro de 1893, foi un político galego.

Juan Montero Telinge
Nacemento21 de decembro de 1800
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de outubro de 1893
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Pertenceu á Milicia Nacional e acadou o grao de sarxento. Militou no Partido Liberal[3] e estivo exiliado. Foi alcalde da Coruña no Bienio Progresista (1854-1855) e deputado a Cortes (1869-1871). Foi elixido senador pola provincia da Coruña (1872-1873) e senador vitalicio (1884-1885). Era comerciante na Coruña. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.

Publicou en 1844 "Rosa y Pascual. Cuento gallego", transcrito como "Rosa e Pascual" por Uxío Carré Aldao en Literatura gallega (1911).[4][5] É un conto en quintillas de literatura popular picaresca inspirada nos mandamentos referentes á libido.[6]


Predecesor:
Juan Flórez
  
Alcalde da Coruña
 
1854 – 1855
Sucesor:
'

Notas Editar

  1. Couceiro Freijomil e Carballo Calero dan como data de nacemento o 31 de decembro de 1797
  2. "Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados". 
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 392. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. "Instituto da Lingua Galega. Memoria de actividades 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xuño de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  5. Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura Gallega. Editorial Maucci. 
  6. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 117. ISBN 84-7154-227-7. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar