Coral de Ruada
A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

HistoriaEditar
Foi creada o 5 de outubro de 1918 por Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Julio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.
Fixo unha rolda de concertos por América do Sur en 1931, na que Camilo Díaz Baliño foi o escenógrafo.
En 1946 interpretaron varias cancións populares no filme Mar abierto, de Ramón Torrado.[1]
Tivo como directores a Daniel González (1919-1955), Manuel de Dios (1955-1990), Bruno Fuentes, José María González Álvarez e Juan José Rumbao. Dende o ano 2009 está dirixida por Xoán Vázquez Casas.[2]
RecoñecementosEditar
Recibiu, entre outros recoñecementos, a Medalla de Bronce de Galicia, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao e o Premio Trasalba (2008).[3]
No ano 2019 reciben o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría Homenaxe.
NotasEditar
- ↑ "Mar abierto". www.coralderuada.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ "Daniel González y Manuel de Dios, los grandes directores". Faro de Vigo (en castelán). 1/7/2018.
- ↑ "A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba". CCG. 5/4/2018.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Coral de Ruada". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fundación Otero Pedrayo, ed. (2018). Coral de Ruada : Premio Trasalba, 2018. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 978-84-948711-1-5.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |