Xosé Fariña Jamardo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Xosé Fariña Jamardo, nado en Caldas de Reis o 26 de abril de 1919 e finado en Madrid o 19 de agosto de 2008, foi un escritor galego. Experto en Administración Local, exerceu como Secretario Xeral en varios concellos e na Deputación de Pontevedra. Publicou numerosos artigos sobre temas literarios e de administración local na prensa de Madrid e de Galicia.
Xosé Fariña Jamardo | |
---|---|
Nacemento | 1919 |
Caldas de Reis | |
Falecemento | 2008 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Durante a guerra civil española loitou co bando nacional en varios destinos, entre eles Madrid. Rematou estudos de Dereito e doutorouse con sobresaliente cum laude na Universidade Complutense de Madrid, e obtivo a diplomatura en Administración Local. Foi mestre un breve tempo en Xixón, até que obtivo praza de Secretario de Administración Local. Exerceu como tal nos concellos de Vila de Cruces, O Carballiño, Cáceres, Corral de Almaguer, Xetafe e a Deputación de Pontevedra, onde se xubilou.
No eido da empresa privada, foi durante dez anos director administrativo en Madrid da empresa Barreiros Diesel e despois de Chrysler España.
Cando se constituíu o Parlamento de Galicia foi designado Oficial Maior, e despois pasou a ser asesor. Foi membro correspondente da Real Academia Española da Historia, e Fillo Adoptivo e Cronista Oficial do municipio de Xetafe.
Foi secretario e despois presidente do Colexio Nacional de Secretarios, Interventores e Depositarios de España. Tempo atrás fora vicepresidente do Colexio de Ourense e Presidente do de Madrid. Foi tamén profesor e xefe de estudos do Instituto Nacional de Administración Local, así como membro numerario do Instituto de Estudios de Administración Local.
Estivo casado coa mestra María Elena Tojo Barreiro.
Obra en galegoEditar
PoesíaEditar
- Carballiño. Poemas ó xeito vello pra unha vila nova, 1957, edición do autor.
- Coa alma espida, 2003, Deputación de Pontevedra.
NarrativaEditar
- Co sorriso nos beizos, 1969, Galaxia.
- O mesón do birollo, 1971, Nós, Buenos Aires.
- A liña, 1980, Deputación de Ourense.
- A feira do Carballiño, 1981, edición de autor.
- Tiroliro a sete voces, 1984, Galaxia.
- Golfaróns de sangue, 1989, Edicións do Castro.
- Unha vida calquera, 2006, Edicións do Castro.
- Memorial de Xoaquín Pérez, 2010, Deputación de Pontevedra.
EnsaioEditar
- A personalidade da parroquia galega, 1976, SEPT.
- Concellos abertos na Limia, 1982, Xunta de Galicia.
- O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra, 1987, Deputación de Pontevedra.
- Os concellos galegos, 1991, Fundación Barrié.
Obras colectivasEditar
Obra en castelánEditar
NarrativaEditar
- Historias de La Brea: novela, 1964, Pozueta, Madrid.
- Pepiño, 1966 (escrita en 1957), Delmo-Libros, Madrid.
- La balada del Wolfram, 1977 E.M.S.A., Madrid.
EnsaioEditar
- La parroquia rural en Galicia, 1975, Instituto de Estudios de Administración Local, Madrid.
- La vida municipal es así, 1976, Municipalia, Madrid.
- Agonía y muerte del municipio rural, 1977, Madrid.
- El hábitat gallego, 1981, Deputación da Coruña.
- El pequeño mundo de la vida local, 1986, Deputación de Pontevedra.
PremiosEditar
- Finalista do Concurso de Novela en Galego do Centro Galego de Buenos Aires no 1970, por O mesón do birollo.
- Premio Especial de Investigación da Deputación de Pontevedra no 1986, por O nacemento dos axuntamentos da provincia de Pontevedra.