Ángel Carracedo
Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo,[1] nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955,[2] é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel María Carracedo Álvarez 22 de setembro de 1955 (69 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - doutoramento (–1982) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética, Medicina forense e ácido desoxirribonucleico |
Ocupación | médico, xenetista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e Doutor en Medicina pola mesma USC (1982), ambos con premio extraordinario.
Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002). Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
Ten publicado 12 libros e máis de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cancro e medicina forense. Segundo Thomson e Reuters (Web of Knowledge) o Grupo de Medicina Xenómica que dirixe é o primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense no último decenio (2001-2011) e el é o autor con máis artigos, máis citacións e maior índice H na área. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica.
Presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas, é autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.
Carracedo combina a investigación co labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.[3] Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 da Licenciatura de Medicina pola súa grande proximidade ao alumnado. En 2013 ingresou como membro numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia.[4]
En 2020 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade do Minho[5] e en 2022 pola Universidade de Cantabria.[6][7]
Recoñecementos
editar- 2006, Medalla Castelao
- 2009, Premio Rei Jaume I á Investigación Médica[8]
- 2010, Medalla Galien (coñecida como o Premio Nobel do Medicamento).[9]
- 2011, Medalla de Galicia[10]
- 2011, Premio Fernández Latorre[11][12]
- 2011, Medalla Adelaida (o premio máis relevante en medicina forense).[13][14]
- 2012, Adelaide Medal.[6]
- 2015, Premio Nacional de Xenética[15][16] na súa modalidade aplicada, recibíndoo en setembro na cidade andaluza de Córdoba.[17]
- 2015, Premio Lois Peña Novo
- 2019, Premio á Traxectoria[18]
- 2022, Premio Otero Pedrayo[19]
- Outros premios: o premio Prismas de divulgación, o Premio Galicia de Investigación, o Premio Novoa Santos.[20]
Notas
editar- ↑ Anxo Carracedo Álvarez no GaliciaDigital.com
- ↑ Na web do concello se indica o 25 de novembro.[1]
- ↑ "Web do IMLUSC". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011.
- ↑ "Ángel Carracedo ingresa en la Academia Galega de Farmacia como miembro numerario". lavozdegalicia.es (en castelán). 16 de outubro de 2013. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "Ángel Carracedo, doctor honoris causa por la Universidade do Minho, en Braga". farodevigo.es (en castelán). 18 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Redacción (12 de xulo de 2022). "Ángel Carracedo, «honoris causa» por la Universidad de Cantabria: «El sistema educativo necesita una reforma radical»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2022.
- ↑ "Ángel Carracedo, investido doutor ‘honoris causa’ pola Universidade de Cantabria". usc.ga. 12 de xullo de 2022. Consultado o 25 de xullo de 2022.
- ↑ "Carracedo recibe el premio Jaime I de investigación médica en Valencia". lavozdegalicia.es (en castelán). 5 de febreiro de 2011. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "Ángel Carracedo, galardonado co Premio Nacional de Xenética". santacomba.es (en castelán). 18 de setembro de 2015. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "El Instituto da Lingua Gallega y Ángel Carracedo, Medallas de Oro". farodevigo.es (en castelán). 14 de xullo de 2011. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "La Voz premia la brillante carrera investigadora de Ángel Carracedo". lavozdegalicia.es (en castelán). 25 de xullo de 2011. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ Premios 2011 Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine. da Fundación Santiago Rey
- ↑ Ramil, Ana (17 de setembro de 2011). "El gallego Ángel Carracedo recibe el premio más importante de la Medicina Forense". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "Ángel Carracedo es el primer científico no anglosajón que recibe la medalla Adelaida". diariodepontevedra.es (en castelán). 11 de setembro de 2011. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ "Premio Nacional de Xenética". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016.
- ↑ Romar, R. (18 de setembro de 2015). "Ángel Carracedo, galardonado con el Premio Nacional de Genética". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 11-12-2019.
- ↑ «Ángel Carracedo recibe el Premio Nacional de Genética en Córdoba», Faro de Vigo, 18-9-2015 (en castelán).
- ↑ "Constantes y Vitales reconoce los mejores proyectos de investigación biomédica y prevención en salud de 2019". atresmedia.com (en castelán). 25 de outubro de 2019. Consultado o 11-12-2019.
- ↑ Liste, Ana G. (1de outubro de 2022). ""Cando empecei, a carreira universitaria estaba moi ligada á investigación e había máis posibilidades, agora está moi limitado"". praza.gal. Consultado o 3 de outubro de 2022.
- ↑ "Ángel Carracedo, premio "Trayectoria científica en Investigación biomédica".". atresmedia.com (en castelán). 2019. Consultado o 11-12-2019.