Elisa Fernández Rei

filóloga galega

Elisa Fernández Rei, nada en San Cibrao en 1969, é unha filóloga e profesora galega.[1]

Elisa Fernández Rei
Lugar de nacementoSan Cibrao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilóloga
Na rede
Twitter: ElisaFernndezR1 Dialnet: 270237 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou coa tese Regras fonolóxicas posléxicas e regras precompiladas de alomorfia sintagmática: Dominios prosódicos en galego.

É profesora na USC no Departamento de Filoloxía Galega[2] desde 1998 e investigadora no Instituto da Lingua Galega desde 2002, do que foi nomeada directora en 2023.[3]

Ten investigado sobre a prosodia, o contacto e o cambio lingüístico, a xeolingüística e a análise do discurso. Coordinou o comité para o dominio lingüístico galego do proxecto internacional AMPER e colaborou en proxectos de investigación competitivos dentro do grupo de investigación FILGA.[1]

Forma parte do Comité de Redacción de Estudos de Lingüística Galega desde a súa fundación en 2008 e desde 2018 ocupa el posto de secretaria.[4]

Creou Lingua Viva, unha plataforma web que permite á cidadanía achegar o seu xeito de falar en galego.[5]

Ten colaborado nas revistas Cadernos de lingua, Dialectología, Estudios de fonética experimental, Language Design: Journal of Theoretical and Experimental Linguistics, Estudis romànics, Procesamiento del lenguaje natural, Revista española de lingüística aplicada etc.

Obra editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Galega, Consello da Cultura. "Elisa Fernández Rei". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2023-06-04. 
  2. "Elisa Fernandez Rey Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2023-06-04. 
  3. marta.negro (2023-06-03). "Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 2023-06-04. 
  4. admind (2013-05-22). "Elisa Fernández Rei". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 2023-06-04. 
  5. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2021-06-07). "Elisa Fernández Rei, profesora de Filoloxía: «O galego construímolo os falantes, non a Real Academia Galega»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-04.