Instituto de Estudos Ulloáns

entidade cultural da comarca da Ulloa

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) é unha entidade de ámbito comarcal que ten como obxectivos a divulgación e preservación cultural, patrimonial e paisaxística da Comarca da Ulloa; así como promover estudos sobre o Camiño de Santiago e impulsar a creación do Museo Etnográfico da citada Comarca, no centro xeográfico de Galicia.

Instituto de Estudos Ulloáns

Tipoasociación cultural Editar o valor en Wikidata
Data
Fundaciónnovembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeA Ulloa Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBieu.gal Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ieulloa Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Cairón.

Foi fundada en novembro de 2015 na aldea de Chorexe, parroquia de Pidre (Palas de Rei). As súas actividades teñen ámbito galego, mais centrándose basicamente na cultura dos tres concellos que conforman a comarca: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

O seu voceiro é a publicación Cairón, coordinada polo xornalista Daniel Salgado e que toma o seu nome dun verso de Lorenzo Varela, nado na Habana mais fillo de pai e nai de Monterroso.