Arcos, Antas de Ulla
Santa María de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 35 habitantes (20 mulleres e 15 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes.
Arcos | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Arcos. | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°45′35″N 7°53′43″O / 42.75974148, -7.89541615Coordenadas: 42°45′35″N 7°53′43″O / 42.75974148, -7.89541615 |
Poboación | 28 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Igrexa de Santa María de Arcos, de estilo románico do último terzo do século XII, con reformas posteriores. Ten nave rectangular e ábsida máis reducida. A portada ten tres arquivoltas ao exterior con arcos con roeis e gornición de xadrez que se apoian sobre columnas. O tímpano está ornamentado con cruz potenzada e catro arcos lobulados. Os catro capiteis son de follas e entrelazos exceptuando o dereito da arquivolta menor, que ten dez cabezas humanas, dispostas en dúas filas superpostas. Fiestra no testeiro da ábsida con decoración vexetal e moldurada. No interior da nave hai un arco triunfal, composto de dúas arquivoltas de medio punto.
FestasEditar
Celebra as súas festas patronais o día da Ascensión.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ArcosEditar
Lugares da parroquia de Arcos no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Arcos | Barbalde | Cabo de Arcos | A Fraga | Nugallás | Pumar | Veloín | A Vila Pequena |