Alvidrón, Antas de Ulla
Santa María de Alvidrón é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 46 habitantes (27 homes e 19 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación (Alvidrón, Feás e Mancegar), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes.
Alvidrón | |
---|---|
![]() Cruceiro de Alvidrón | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°48′28″N 7°54′06″O / 42.80769, -7.90173Coordenadas: 42°48′28″N 7°54′06″O / 42.80769, -7.90173 |
Poboación | 32 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Está situada ao norte do concello, separada polo río Ulla do concello de Palas de Rei no lugar da Ponte Mercé.
PatrimonioEditar
A súa igrexa parroquial é orixinalmente románica do século XII, conservando desa época canzorros nas ábsidas e a porta principal, con tripla arquivolta de medio punto, sendo sostida a maior delas por columnas acodilladas rematadas por capiteis con motivos vexetais. Un dos canzorros, coñecido como A Nugalla, é antropomórfico, cunha man na boca e outra entre as pernas.
FestasEditar
Celebra festas patronais na honra de San Brais (3 de febreiro) e tamén por San Antón (13 de xuño).
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Antas de Ulla.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AlvidrónEditar
Lugares da parroquia de Alvidrón no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|