Casa de Naia, Antas de Ulla
parroquia civil do concello de Antas de Ulla
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Naia.
Santa María de Casa de Naia é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2011 tiña 135 habitantes (60 mulleres e 75 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.
Casa de Naia | |
---|---|
![]() Hórreo no lugar de Aboi, o único da comarca feito en pedra. | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′36″N 7°50′52″O / 42.77653609, -7.84782154Coordenadas: 42°46′36″N 7°50′52″O / 42.77653609, -7.84782154 |
Poboación | 115 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
No lugar de Aboi sitúase o único hórreo feito totalmente en pedra de toda a comarca.
A parroquia foi coñecida pola celebración do Entroido, no que participaban activamente todos os veciños.
FestasEditar
O 16 de agosto celebra as festas da Ascensión.
Galería de imaxesEditar
Castiñeiro centenario e hórreo en Aboi.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Casa de NaiaEditar
Lugares da parroquia de Casa de Naia no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Aboi | Casa de Naia | Fondevila | Outeiro de Donas | Suar |