Amoexa, Antas de Ulla
Santiago de Amoexa é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 111 habitantes.
Amoexa | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Santiago de Amoexa. | |
![]() | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′46″N 7°50′54″O / 42.746, -7.8482Coordenadas: 42°44′46″N 7°50′54″O / 42.746, -7.8482 |
Poboación | 71 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situada ao sur do concello. Ten medianas explotacións leiteiras e como importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo de castiñeiros novos.
Patrimonio editar
A igrexa de Santiago de Amoexa data de finais do século XII. Ten unha nave rectangular e ábsida semicircular. Presenta canzorros laterais con motivos xeométricos. Ao carón da nave principal ten un amplo cuberto soportado por tres piares de cantería asentados nun baixo valado. Na ábsida sobresae a fiestra en arco de medio punto, con arquivolta que descansa nun par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados.
Festas editar
Celebra as festas patronais dedicadas á Virxe do Rosario.
Galería de imaxes editar
-
Fiestra absidal.
-
Ábsida.
-
Castro do Outeiro
Lugares e parroquias editar
Lugares de Amoexa editar
Lugares da parroquia de Amoexa no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Amoexa | Caira | Casilmoure | Outeiro de Amoexa | Pereiras | Ribó |