Pilar García Porto
María del Pilar García Porto, nada en Antas de Ulla o 17 de febreiro de 1975, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1975 (49 anos) Antas de Ulla, España |
Alcaldesa de Antas de Ulla | |
2023 – ← Javier Varela Pérez | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarDende as eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla, sendo a portavoz do grupo na oposición. Dende 2011 foi deputada provincial polo Partido Xudicial de Chantada, ocupando dende entón diversas áreas como de Economía, Facenda e Recadación, Cultura e Turismo ou Promoción do Territorio, sendo ademais a portavoz do PSdeG na Deputación. Dende febreiro de 2022 é a Secretaria de Organización provincial do PSdeG en Lugo. Nas municipais de 2023 volveu encabezar novamente a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla e foi elixida alcaldesa por maioría absoluta[1][2], volvendo ser ademais deputada provincial.
Notas
editar- ↑ "Todos los resultados electorales de la provincia de Lugo: cambian de color Rábade, Antas de Ulla y Samos". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-29. Consultado o 2023-07-26.
- ↑ Varela, Suso (2023-06-17). "Día histórico en Antas de Ulla: Pilar García Porto, primera mujer y del PSOE que es elegida alcaldesa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-26.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Traballarei pola transformación de Antas, aínda que para algunhas cousas 4 anos son poucos". Entrevista en El Progreso.