Son (partido político)
SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida[1] para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.
A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais[2].
As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.
Nas eleccións municipais de 2019 concorreu de novo baixo a marca "Son-En Común".
Resultados obtidos polas candidaturas adscritas
editarTras as eleccións de maio do ano 2015, as candidaturas coaligadas a SON acadaron as alcaldías de Cangas, Ferrol, Manzaneda, Teo e Val do Dubra, á cal se lle sumou Mugardos tras unha moción de censura en agosto de 2016. A suma de votos recibidos por estas candidaturas foi de 53.205, representando o 3,61% dos votos válidos.
Candidatura | Votos | % | Concelleiros | Concello |
---|---|---|---|---|
Son de Abegondo-Foro Veciñal | 212 | 6,34% | 1 / 13 |
Abegondo |
Son de Ares | 262 | 7,9% | 1 / 13 |
Ares |
Son de Arteixo-ANOVA | 621 | 4,44% | 0 / 21 |
Arteixo |
Esquerda Unida-SON | 680 | 11,23% | 2 / 17 |
Baiona |
Alternativa para Beariz-SON | 70 | 12,28% | 1 / 9 |
Beariz |
Son de Bergondo-ANOVA | 599 | 16,3% | 2 / 13 |
Bergondo |
Betanzos Novo-SON | 1002 | 14,58% | 2 / 17 |
Betanzos |
Xuntos por Boborás-SON | 179 | 11,42% | 1 / 11 |
Boborás |
Boiro Novo-SON | 927 | 9,71% | 1 / 17 |
Boiro |
Asemblea Cidadá Bueu-SON | 342 | 5,6% | 1 / 17 |
Bueu |
Asemblea Cidadá de Cambre-SON | 1271 | 11,83% | 2 / 21 |
Cambre |
Alternativa Canguesa de Esquerdas-SON | 2268 | 17,14% | 4 / 21 |
Cangas |
Alternativa Veciñal do Carballiño-SON | 471 | 6,06% | 1 / 17 |
O Carballiño |
Son Carballo | 188 | 1,18% | 0 / 21 |
Carballo |
Asemblea Cidadá de Carral-SON | 413 | 12,41% | 1 / 13 |
Carral |
Ferrol en Común-SON | 7142 | 21,98% | 6 / 25 |
Ferrol |
Esquerda Unida-SON | 831 | 14,11% | 2 / 17 |
O Grove |
Esquerda Unida-SON | 190 | 5,68% | 0 / 13 |
A Illa de Arousa |
Fai O Irixo-SON | 134 | 11,87% | 1 / 9 |
O Irixo |
Son D'aquí | 176 | 4,8% | 0 / 13 |
Malpica de Bergantiños |
Son de Manzaneda-ANOVA | 485 | 64,07% | 5 / 7 |
Manzaneda |
Marea Veciñal de Marín-SON | 1570 | 13,06% | 3 / 21 |
Marín |
Esquerda Unida-SON | 212 | 2,07% | 0 / 17 |
Monforte de Lemos |
GañaMos Asemblea Veciñal-SON | 1954 | 22,77% | 4 / 17 |
Mos |
Esquerda Unida-SON | 614 | 20,75% | 3 / 13 |
Mugardos |
Nigrán Decide-SON | 880 | 10,1% | 2 / 17 |
Nigrán |
Son de Oroso-ANOVA | 436 | 10,61% | 1 / 13 |
Oroso |
Son de Pereiro de Aguiar | 278 | 8,06% | 1 / 13 |
O Pereiro de Aguiar |
Son de Trives | 182 | 12,5% | 1 / 11 |
A Pobra de Trives |
Son de Poio | 328 | 3,99% | 0 / 17 |
Poio |
Esquerda Unida-SON | 586 | 5,26% | 1 / 21 |
Ponteareas |
Agrupación Pondaliana Independente-SON Ponteceso | 481 | 13,98% | 2 / 13 |
Ponteceso |
Esquerda Unida-SON | 697 | 6,79% | 1 / 17 |
O Porriño |
Son Redondela | 320 | 2,01% | 0 / 21 |
Redondela |
Rianxo en Común-SON | 695 | 11,04% | 2 / 17 |
Rianxo |
Son de Teo-ANOVA | 3651 | 38,68% | 7 / 17 |
Teo |
Son de Toén-ANOVA | 168 | 10,77% | 1 / 11 |
Toén |
Son de Tui | 741 | 7,88% | 1 / 17 |
Tui |
Son de Val do Dubra-ANOVA | 1048 | 43,2% | 5 / 11 |
Val do Dubra |
Son de Verín | 311 | 4,46% | 0 / 17 |
Verín |
Marea de Vigo-SON | 16227 | 11,5% | 3 / 27 |
Vigo |
Esquerda Unida-SON | 2820 | 15,51% | 3 / 21 |
Vilagarcía de Arousa |
Son Viveiro | 543 | 6,42% | 1 / 17 |
Viveiro |
En 2019 lograron as alcaldías de Cangas, Mugardos e Teo, se ben perderon a de Mugardos nunha moción de censura en novembro de 2019.
Notas
editar- ↑ Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia. praza.gal, 22/04/2015.
- ↑ «Mareas» y partidos como Anova negocian una coalición para entrar en la Diputación. www.lavozdegalicia.es, 10/04/2015 (en castelán)